|
Autovía Tomiño
|
|
03 do 07 do 2009 |
|
Primeiro Feijoo, despois Rajoy e, de novo onte, o delegado provincial José Manuel Cores Tourís, volveu ratificar a intención da Xunta de retomar o proxecto inicial para a vía de alta capacidade do Baixo Miño.
Fíxoo en Tomiño, durante a visita institucional que realizou ao Concello e na que se entrevistou co goberno local, do mesmo xeito que fixo fai unhas semanas cando realizou a súa primeira toma de contacto con todos os alcaldes da comarca. Sobre a mesa, e segundo explicou tras o encontro a rexedora, Sandra González, falouse dalgúns dos temas máis importantes para o futuro inmediato do municipio tomiñés. Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis... |
|
|
Tomiño
|
|
03 do 07 do 2009 |
- Sanidade di que no ambulatorio primouse o deseño sobre a funcionalidade.
Xa hai prognóstico para o cadro por tensión térmica xeneralizado que padecen o persoal e os usuarios do centro de saúde de Tomiño pola falta de refrixeración e o efecto invernadoiro que provoca a cristaleira que copa a súa fachada.
A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, avanzaba onte ao mediodía en Vigo que xa se empezou a traballar cos profesionais para concentrar nas mañás toda a actividade, algo que reclamara o propio persoal do ambulatorio. Pola tarde, o seu departamento confirmou que se tomará esa medida e que xa se está estudando como axustar as axendas para eliminar a actividade da tarde.
Comentarios (1) | Ler máis... |
|
|
Tomiño
|
|
03 do 07 do 2009 |
- A II edición de Filminho contará co apoio dos Concellos de Tomiño e Vilanova de Cerveira e varios organismos que colaboran
- Na mañá de hoxe asinouse un protocolo de cooperación entre seis entidades, sendo unha delas a Dirección Xeral de Xuventude
 A segunda edición de Filminho “Festa do Cinema Galego e Portugués”, que se celebrará entre os días 15 e 19 de xullo, contará co apoio expreso de seis entidades, que esta mañá, asinaron en Goián o correspondente protocolo de cooperación.
No acto estiveron presentes o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro Tato; a alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez; o vice presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Joao Fernando Nogueira, o delegado da Região Norte do Instituto Português da Juventude, Vítor Días, e os presidentes das dúas asociacións A Morraceira (organizadora do festival), Xurxo González Rodríguez e André Manuel Gonçalves Martins. Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis... |
|
|
Deportes Tomiño
|
|
02 do 07 do 2009 |
- A actividade transcorrerá polo río Miño e ambas marxes transfronteirizas
 Cento cincuenta atletas de varios puntos de España e Portugal, daranse cita no III Triatlo da Amizade, que se celebrará o vindeiro domingo 5 de xullo.
A proba foi presentada este mediodía no Salón de Plenos do Concello de Tomiño, nun acto presidido polo concelleiro Lecer e Deportes, Fernando Álvarez Fernández, acompañado polo seu homólogo da Cámara Municipal de Vila de Cerveira, Joao Fernando Nogueira e o delegado da Federaçao de Triatlo de Portugal, Marco Miranda.
Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis... |
|
|
Baixo Miño
|
|
02 do 07 do 2009 |
|
Desde la Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño desarrollaremos los próximos días 13 y 14 de Julio en horario de 09:00 a 14:00 un monográfico sobre “Técnicas de animación y dinámicas grupales” con una duración de 10 horas teóricas y 10 horas prácticas a desarrollar en los talleres de verano de las aulas de Cruz Roja.
El juego es considerado el principal medio de aprendizaje para los niños; algunos lo consideran como el trabajo más serio durante la infancia, es la manera más natural de experimentar y aprender; favorece el desarrollo del niño en diferentes aspectos: en su desarrollo socioemocional, ya que le permite expresar sus emociones y aliviar tensiones pues le proporciona placer y alegría.
Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis... |
|
|
Cultura Tomiño
|
|
02 do 07 do 2009 |
|
A Asociación Veciños de Amorin, proxecta o próximo venres dia 3 de xullo, a segunda pelicula do ciclo "Cine no Torreiro". Coa colaboración da Concelleria de Cultura, Educaciòn e Partipación Veciñal do Concello de Tomiño e a Federación de Asociacións Terra Miño. O titulo desta semana é "El Ilusionista", que será proxectada ás 22:30 da noite. Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis... |
|
|
Tomiño
|
|
01 do 07 do 2009 |
|
O vindeiro xoves ás 10:30 horas, terá lugar no Auditorio de Goián a sinatura dun protocolo de colaboración para a celebración do festival de cine Filminho, que se desenvolverá entre o 15 e o 19 de xullo, en Tomiño e Vilanova de Cerveira.
Está prevista a presenza do Director Xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro Tato; Delegado para o Norte de Portugal, Víctor Días; alcaldesa de Tomiño e vice presidente da Cámara de Vilanova de Cerveira, director do festival e outras autoridades da zona.
A oportunidade pode considerarse histórica, xa que ata o de agora non se asinara un protocolo transfronteirizo destas características. Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis... |
|
|
Cultura Tomiño
|
|
01 do 07 do 2009 |
 Con motivo do XI ANIVERSARIO da Agrupación Musical de Goián, a Concellería de Cultura, Educación e Participación Veciñal do Concello de Tomiño, fixo un recoñecemento público á labor formativa que está desempeñando a agrupación. A través da entrega dunha placa conmemorativa, a Concellería de Cultura quixo testimoniar a súa felicitación polo primeiro posto acadado no derradeiro Certame Zonal convocado pola Deputación Provincial de Pontevedra.
Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis... |
|
|
Tomiño
|
|
30 do 06 do 2009 |
- Persoal e usuarios concéntranse hoxe nas instalacións sanitarias de Tomiño para esixir unha solución á onda de calor
«Nunca choveu que non escampara». Por iso, e porque aínda que as nubes estanlles dando unha tregua ao cadro de sufoco xeneralizado que soportan no centro de saúde de Tomiño, os sindicatos organizaron unha concentración para esta mañá.
Tanto CC.OO como a CIG levan xa unha semana denunciando a situación que se sofre no centro pola carencia dun sistema de refrixeración, con temperaturas de ata 41 graos. Falouse de efecto sauna, invernadoiro e agora a CIG eleva xa as consecuencias deste fenómeno a «parillada humana no centro de saúde de Tomiño». Os dous sindicatos respladan a concentración que se realizará ás 11.30 horas fronte ás instalacións para demandar unha solución inmediata.
Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis... |
|
|
Tomiño
|
|
30 do 06 do 2009 |
- O saneamento para as beirarrúas realizadas entre O Cotro e O Seixo, e limpeza e asfaltado de varias estradas, foron temas da reunión mantida hai uns días con Rafael Louzán
 A alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez, acompañada polo concelleiro de Acción Rural, Franscisco Campo Lago, reuniuse en Pontevedra, co presidente da Deputación Provincial, Rafael Louzán, co fin de solicitarlle diversas melloras en obras e estradas de competencia desa entidade provincial.
Durante a reunión, a alcaldesa solicitou o enganche ata o colector xeral, dende a zona das beirarrúas construídas pola Deputación entre O Cotro e O Seixo, de modo que os veciños/as desta zona, poidan contar co servizo de saneamento. Con este fin, a rexedora local aportou un proxecto xa redactado polo Concello, segundo o cal o custe do enganche ao colector ascendería a 170.000 euros.
Comentarios (4) | Ler máis... |
|
|