O Tempo en Tomiño
El Tiempo en Tomino - Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Últimos comentarios
Unha unidade móbil d...
Miente que algo queda...
Miente, miente, que algo queda. Hoy no es 10 de febrer...
Máis...
Por Uno que sabe

Unha unidade móbil d...
asombrado
He ido hoy 10/2/2010 a hablar conesta gente, y me han c...
Máis...
Por Un de Barrantes

Tráxico falecemento ...
David con tu marcha has dejado muchas lágrimas, desde d...
Máis...
Por es lo de menos

Deputados socialista...
medio ambiente
a haber si e verdade que por fin chegen dunha vez estas...
Máis...
Por unha veciña

¿Quién está en línea?
Temos 12 convidados conectados
Visita semanal dos nenos da escola de Vilachán á biblioteca da Asociación Imprimir Correo-e
19 do 02 do 2008

   

OS NENOS DA ESCOLA DE VILACHÁN VISITAN A BIBLIOTECA

 por Lucía Lima Pacheco, mestra do colexio de Vilachán.

 

 

    A escola de Vilachán actualmente agrupa a 15 nenos e nenas de entre tres e cinco anos de idade que participan dende o ano pasado nun pequeno pero fermoso proxecto de animación a lectura.


    Luís, representando a asociación de veciños  “A Arbore”, abriunos as portas da súa biblioteca con moito entusiasmo e propúxonos visitala para incentivar e crear hábitos lectores dende idades temperás; para tal fin activouse o servizo de préstamo de libros.

 

 

contacontos

 


    Por iso unha vez ao mes, ca axuda dalgúns familiares imos de excursión a biblioteca; alí teñen un lugar e uns materiais adaptados as súas idades: unha alfombra, unhas pequenas cadeiras, e unha morea de libros cheos de historias e segredos. Ao chegar, séntense coma na súa casa, quitan as cazadoras, pousan as carpetas e diríxense a súa sección e cada un colle o libro que mais lle gusta. Despois  dun momento de lectura libre escollen un libro para levar para casa (cousa moi difícil para algúns de eles, pero tanto os encargados da biblioteca, como as familias e a mestra axudámoslles nesa decisión) e o mete na súa carpeta para que se deteriore o menos posible. Pero iso non termina aí porque os axudantes do día (pais/avós/irmáns/tíos…) cóntanlle un conto aos pequenos e eles disfrutan coma “ananos” que son. Case sempre á hora de marchar ademais de levar o seu libro levan algún pequeno agasallo (lápices, piruletas…) que incrementa aínda mais a súa ledicia.

 

nenos atendendo ao conto na Biblioteca de Vilachán

 


    Como conclusión dicir que grazas a esa actividades os nenos habitúanse a ir a biblioteca, mírana como lugar de ocio e entretemento e creamos unhas bases firmes para un futuro lector.

 

Contacontos con acordeón


    Grazas a todos os familiares que nos permiten levar a cabo esta actividade e, como non, a asociación de veciños por implicarse tanto e organizar ademais sesións de conta contos, saídas, cine, etc.

 

  

Lucía Lima Pacheco (Mestra do colexio de Vilachán)