O Tempo en Tomiño
El Tiempo en Tomino - Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Últimos comentarios
Tomiño impulsa a reh...
restaurante?
o sea, que juan no podía tener el chiringuito abierto p...
Máis...
Por manda truco

O PP expresa o seu d...
PARA JOSE
SR. JOSE SON UNHA VECIÑA QUE COMO VOTANTE DO PP NALGUNH...
Máis...
Por vecina de tomiño

O PP expresa o seu d...
Quien los quiere con nosotros
Ya hicimos los cambios que necesitabamos en nuestro par...
Máis...
Por Josito

O PP expresa o seu d...
pa ulises
Non metas cizaña que non cola,mira o xenrro de jose lui...
Máis...
Por jose

¿Quién está en línea?
Temos 10 convidados conectados
Últimas novas de Tomiño
Nova reunión informativa da Asociación polo Saneamento de Tomiño Imprimir Correo-e
04 do 09 do 2010
O vindeiro domingo 5 de setembro de 2010, as 11 da mañan, no centro cultural da parroquia de Pinzas, no concello de Tomiño, a Asociación polo Saneamento de Tomiño, vai realizar, como é de costume, unha reunión informativa. Nesta reunión deráselle a  coñecer @s veciñ@s de Pinzás e os que estén interesados, o seguinte:
  • Presentación da Asociación polo Saneamento de Tomiño.
  • Contaminación de aguas subterraneas no noso Concello.
  • Estado no que se atopa o saneamento no Concello de Tomiño e na parroquia de Pinzás

Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis...

 
O PP expresa o seu desacordo co procedemento de constitución do denominado "Foro Fortaleza" Imprimir Correo-e
02 do 09 do 2010
  • A portavoz popular expresa a aposta do seu Grupo municipal por unha Fundación Pública de carácter cultural e de ampla representación social.
O P.P. de Tomiño, a través da súa portavoz, Esperanza Calzado, considera que o máis axeitado, sería a constitución dunha Fundación Pública de carácter cultural que tivese como obxectivo a promoción, difusión e protección da fortaleza de Goián e de todos os numerosos elementos patrimoniales que existen no Concello de Tomiño, tal como permite a lexislación de entidades locais.

A Alcaldesa, Sandra Gonzáles, e o seu Grupo municipal,  constitúen un “Foro Fortaleza” integrado por personalidades das que non dudamos da súa valía profesional e cultural pero sí da súa vinculación e implicación con este concello xa que das persoas que o integran, unha ampla maioría  vive fora de Tomiño.

Comentarios (5) | Ler máis...

 
Tomiño impulsa a rehabilitación ambiental da fortaleza e praia de Goián Imprimir Correo-e
31 do 08 do 2010
  • O xornalista e escritor Manuel Campo Vidal, que apadrina a iniciativa, estivo presente na presentación pública da mesma, celebrada hoxe, e deixou claro o seu compromiso co proxecto e co futuro de Tomiño

ImageA Casa da Cultura tomiñesa foi o espazo elixido para a presentación pública do proxecto “Recuperación ambiental e posta en valor da Fortaleza de San Lourenzo e da praia de Goián”, que tivo lugar este mediodía en Tomiño coa presenza do xornalista e escritor Manuel Campo Vidal, representantes das administracións autonómica e nacional e os alcaldes de Tomiño e Vila Nova de Cerveira.

A alcaldesa Sandra González tivo ao seu cargo a coordinación do acto, dando paso a cada un dos interlocutores presentes. En primeiro lugar, a propia rexedora explicou de forma resumida o complexo proceso de tramitación que culminou coa concesión dunha subvención de 1,7 millóns de euros por parte do Ministerio de Cultura. “Desde a chegada ao goberno municipal, entendemos que era preciso reflexionara sobre a posta en valor dun espazo como é a Fortaleza San Lourenzo. Desde que o concello adquiriu os terreos no ano 1993 fixéronse varias actuacións no forte coa idea de consolidar os baluartes e muros existentes, pero foron actuación illadas, porque non se pode entender a fortaleza sen a praia fluvial de Goián, sen o rio Miño e tendo en conta criterios ambientais, turísticos, económicos, patrimoniais e de lecer”, comentou Sandra González.
 

Comentarios (7) | Ler máis...

 
Inaugurada a antiga casa dos mestres de Amorín, rehabilitada como Centro Social e Cultural Imprimir Correo-e
30 do 08 do 2010
  • A Concellaría de Cultura investiu máis de 100.000 euros nesta obra, que forma parte dun programa de dotación de equipamentos culturais e sociais

ImageNo mediodía do sábado tivo lugar en Tomiño a inauguración da antiga casa dos mestres de Amorín para o seu uso coma Centro Cultural e Social da parroquia.

O concelleiro de Cultura, Jesús Castiñeira, agradeceu á Comisión de Festas da Virxe da Agonía pola súa colaboración na organización das dúas exposicións artísticas que se abriron ao público no mesmo acto. O edil agradeceu tamén aos responsables das mostras (todos eles de Amorín), destacando a calidade das obras presentadas.

Castiñeira salientou o esforzo inversor do goberno municipal, o que “fixouse coma prioridade dotar de espazos a todas as parroquias co obxectivo de apoiar as iniciativas veciñais e ao mesmo tempo organizar e dinamizar a actividade cultural no concello.
 

Comentarios (1) | Ler máis...

 
La Concejalía de Deportes finaliza las obras de drenaje del Aampo de Fútbol del Alivio Imprimir Correo-e
30 do 08 do 2010
ImageLa Concejalía de Deportes e Lecer del Concello de Tomiño, que dirige el Centrista Fernándo Álvarez, da por finalizadas las obras de drenaje del Campo de Fútbol del Alivio, tras la realización de una inversión superior a los 30.000.-Euros, que permitirá evitar el encharcamiento de agua que, en ocasiones, sobre todo en invierno, hacía impracticable el único campo de hierba natural existente en el municipio.

Las obras consistieron básicamente en la apertura de 100 metros lineales de zanjas transversales y longitudinales rellenas de arena y materiales permeables que canalizaran las aguas pluviales.

Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis...

 
O Concello de Tomiño presenta o seu Plan Integral de Saneamento Imprimir Correo-e
27 do 08 do 2010
  • Este documento recolle e define as actuacións necesarias en materia de saneamento durante os próximos anos

ImageA Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Tomiño vén de presentar a segunda fase do Plan de Saneamento de Tomiño, no que se xustifican técnica e economicamente toda unha serie de futuras actuacións destinadas a instalar o servizo de saneamento en todos os núcleos de poboación do Concello.

Este plan director, elaborado por especialistas de acordo ás normativas europeas, estatais e autonómicas na área do saneamento e de calidade das augas, constitúe unha folla de ruta para as vindeiras intervencións  nesta importante área, que necesitarán dun investimento de 25 millóns de euros para levalas a cabo.

Comentarios (6) | Ler máis...

 
A Casa dos Mestres de Amorín será inaugurada o día 28 como Centro Cultural e Social Imprimir Correo-e
26 do 08 do 2010
  • A Concellaría de Cultura e a Comisión de Festas da Virxe da Agonía organizan dúas exposicións inaugurais

O vindeiro sábado 28 de agosto, ás 12.00 horas terá lugar a inauguración da antiga Casa dos Mestres de Amorín como Centro Cultural.

Con este motivo e coincidindo coas festas patronais da Virxe da Agonía, a Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal e a Comisión de Festas, organizan dúas exposicións, unha de pintura (na planta baixa) e outra de manualidades (segunda planta).

Comentarios (1) | Ler máis...

 
A Agrupación Socialista denuncia a pouca colaboración da Xunta de Galicia coas Comunidades de Montes Imprimir Correo-e
24 do 08 do 2010
ImageVioleta de Santiago Moure, Secretaria de Política Municipal do PSdeG- PSOE de Tomiño, e Vicepresidenta da C.M.V.M.C de Figueiró critica o proceder da Consellería de Medio Rural en relación coas axudas para a prevención de incendios forestais.

Tendo en conta que esta orden de axudas saíu publicada no DOGA o pasado 7 de abril, ¿Cómo é posible que a Consellería comezara a semana pasada a notificar as resolucións aos demandantes, con case 5 meses de retraso?


Comentarios (21) | Ler máis...

 
Festas na honra da Virxe da Peregrina en Estás os días 27,28 e 29 Imprimir Correo-e
24 do 08 do 2010
Festas na honra a Virxen Peregrina en Estás-Tomiño os días 27, 28 e 29 de agosto. O día 27, o grupo Airiños Novos de Pinzás percorrerán o pobo dando inicio a estas festas. O sábado 28, pola mañá Grupo de Gaitas Seixos Albos de Areas,  a partir das once da noite a tradicional danza, e actuación das orquestas Aramio y los Españoles.


 

Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis...

 
Feria de Oportunidades este fin de semana en Tomiño Imprimir Correo-e
21 do 08 do 2010
La Asociacion ADETO celebra este fin de semana en Tomiño la Feria de Oportunidades con grandes oportunidades y descuentos en todos los sectores en la calle de la Guardia de 10:00 de la mañana a las 21:00 de la noche.

Asociación de Comercio, Hostelería, Industria e Centros Comerciais Abertos de Tomiño.

Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis...

 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Seg. > Remate >>

Resultados 1 - 18 de 149