|
22 do 12 do 2008 |
|
Dende a Asociación de Veciños O Arbol de Vilachán, queremos achegar a todos aqueles tomiñeses e tomiñesas que están esparexidos polo mundo, e non van pasar estas festas na sua terra, unhas poucas fotos do alumbrado de Nadal deste ano Tomiño, para que teñan a ocasión de velo ainda que sexa dende a distancia.
Tamén queremos aproveitar a ocasión para felicitar as festas a todos os nosos veciños de Vilachán e aos veciños de todas e cada unha das parroquias de Tomiño que sabemos que seguen esta páxina diariamente.
Animamos tamén a todos eses/esas visitantes fieis de oarbol.com a que aproveiten para por comentarios nesta noticia cas súas felicitacións e mellores desexos para o próximo ano.
Comentarios (3) | Ler máis... |
|
Ler máis...
|