O Tempo en Tomiño
El Tiempo en Tomino - Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Últimos comentarios
Tomiño impulsa a reh...
restaurante?
o sea, que juan no podía tener el chiringuito abierto p...
Máis...
Por manda truco

O PP expresa o seu d...
PARA JOSE
SR. JOSE SON UNHA VECIÑA QUE COMO VOTANTE DO PP NALGUNH...
Máis...
Por vecina de tomiño

O PP expresa o seu d...
Quien los quiere con nosotros
Ya hicimos los cambios que necesitabamos en nuestro par...
Máis...
Por Josito

O PP expresa o seu d...
pa ulises
Non metas cizaña que non cola,mira o xenrro de jose lui...
Máis...
Por jose

¿Quién está en línea?
Temos 12 convidados conectados
El PP insta a la fiscalía a que investigue la presunta actuación ilegal del grupo del gobierno Imprimir Correo-e
Tomiño
25 do 05 do 2010
  • Denuncia una posible actuación ilegal por parte del Grupo de Gobierno (BNG, PSdG, CdT) que puede dar lugar a un delito de prevaricación
El Grupo municipal popular, por medio de su portavoz Esperanza Calzado, dirigió un escrito a la Fiscalía donde se le solicita que indague sobre la presunta actuación ilegal en la que pudieron haber incurrido el Gobierno municipal de Tomiño por haber “ignorado” las advertencias y el informe desfavorable que la Interventora realizó en el ejercicio de su función de fiscalización. 

El Partido Popular de Tomiño, basa su denuncia en el informe elaborado por la Interventora municipal donde expone diversas irregularidades en la actuación llevada a cabo por parte de la Alcaldesa.
 

Comentarios (14) | Ler máis...

 
Tomiño conmemorou a festividade da Policía Local e homenaxeou ao seu membro máis antigo Imprimir Correo-e
Tomiño
25 do 05 do 2010
  • O acto contou coa presenza do subdelegado do Goberno e o Comandante Naval do Miño

ImageO Concello de Tomiño conmemorou este mediodía por vez primeira, o “Día Oficial da Festividade dos Corpos de Policías Locais” cun acto que estivo presidido pola alcaldesa do municipio, acompañada por membros do goberno local, o asesor de Gabinete da Subdelegación de Goberno en Pontevedra, Camilo Bello Fernández, o Comandante Naval do Miño, o sarxento da Garda Civil de Tomiño e o xefe da Policía Local de Tui.

José Ramón  Álvarez Riveiro, xefe da Policía Local de Tomiño, abriu o acto agradecendo a presenza das autoridades, dos seus compañeiros policías, membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, representante da Comunidade de Montes de Tomiño, etc. O sarxento salientou o esforzo político que se vén realizando durante os últimos anos para dotar á Policía Local de máis recursos humanos e materiais; formación dos axentes e mellora de instalacións. Asemade, felicitou aos seus compañeiros pola súa labor e lembrou a colaboración da Garda Civil, voluntarios de Protección Civil e Bombeiros Voluntarios de Vila Nova de Cerveira.

Comentarios (6) | Ler máis...

 
Tomiño 1 Rápido de Bahía 2 Imprimir Correo-e
Deportes Tomiño
24 do 05 do 2010

Tomiño: Jorge (Melo II, min. 85), Dani, Melo (Bubi, min. 50), Isma, Cris, Bojan (Alonso, min. 15), Mauri, Luís, Álex, Hugo e Iván.
 

Rápido de Bahía: Martín, Cibrán, Manu (Pei, min. 65), Pablo, Lino, Santi, Borja, Hugo, Pedro, Salgado y Diego.
 

Árbitro: Vázquez García (A Coruña). Enseñó tarjeta amarilla a Bubi e Iván en el Tomiño, y a Pedro y Salgado en el Rápido de Bahía.


Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis...

 
II Carreira de Amorín Imprimir Correo-e
Deportes Tomiño
22 do 05 do 2010
A Asociación de Veciños de Amorín, coa colaboración da Concellaría de Deportes e Lecer do Concello de Tomiño, organiza a “II CARREIRA POPULAR DE AMORÍN”, que se celebrará o día 30 de maio de 2010, a partires das 11:20 horas, diante da igrexa parroquial de Amorín, no Concello de Tomiño.

Dado o carácter popular da proba, poderán participar todas as persoas que o desexen, sen límite de idade.

As inscricións poderán realizarse ben a través do correo electrónico da Asociación de Veciños Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver , ben (páxina web) ata o día 27 de maio como máximo para a proba absoluta, permitíndose o mesmo día da proba unicamente inscricións de rapaces ou rapazas de categorías menores (ata xuvenil, inclusive), media hora antes do inicio da carreira.
 

Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis...

 
A Concellería de Cultura de Tomiño e a Asociación Xanela organizan unha visita ás Illas Cíes Imprimir Correo-e
Tomiño
22 do 05 do 2010
  • A actividade, que se realiza en colaboración con RENFE trata de mellorar o coñecemento do patrimonio natural galego

ImageA Concellería de Cultura, Educación e Participación Veciñal do Concello de Tomiño, que dirixe o centrista Jesús Castiñeira, organiza en colaboración coa Asociación Cultural A Xanela e RENFE, unha excursión ás Illas Atlánticas (Cíes), o vindeiro sábado, 26 de xuño.

Se trata do terceiro ano consecutivo que as tres entidades colaboran, no 2009 organizaron unha visita guiada as Illas Ons e no 2008 a Santiago (o Parlamento Galego e os tellados da catedral). As visitas resultaron un éxito, tanto en participación como nos aspectos organizativos.

Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis...

 
O Espazo TIC de Tomiño fixo entrega dos diplomas doutro curso de iniciación á informática Imprimir Correo-e
Tomiño
22 do 05 do 2010
  • Con este son xa 110 os talleres impartidos a persoas de Tomiño que queren achegarse ao mundo dixital

ImageO Espazo TIC de Tomiño deu por finalizado outro dos cursiños de alfabetización dixital que vén impartindo con enorme aceptación por parte dos usuarios.

A alcaldesa da vila, Sandra González, fixo entrega esta mañá dos diplomas do que vén a ser o taller Nº 110 dos que se levan impartidos.

Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis...

 
Reunión constitutiva do "Foro Fortaleza" impulsado polo concello de Tomiño Imprimir Correo-e
Tomiño
21 do 05 do 2010
  • Na entidade estarán representados arquitectos historiadores, empresarios, responsables políticos e asociacións

Este venres 21 de maio, terá lugar no Centro Goianés a partir das 12 da mañá, a reunión constitutiva do “Foro Fortaleza”.

Esta iniciativa do Concello de Tomiño tenta conformar unha entidade na que estean representados arquitectos, historiadores, empresarios, responsables políticos españois e portugueses e asociacións veciñais e culturais coa finalidade de facer unha reflexión colectiva sobre as posibilidades que ofrece a recuperación da Fortaleza de San Lourenzo e o seu entorno.

Comentarios (2) | Ler máis...

 
A Asociación Deportiva Tomiño Alevín-Infantil levará a cabo unha captación de neno/as para o fútbol Imprimir Correo-e
Deportes Tomiño
21 do 05 do 2010
ImageDita organización leva traballando co fútbol base tomiñés dende fai dez anos, dirixindo cinco categorías diferentes: prebenxamíns, benxamíns, alevíns, infantís e cadetes.

Nos últimos anos acadaron grandes obxetivos: campionatos de liga, ascensos, finais de copa, etc. Actualmente, contan con dous equipos en primeira provincial: os alevíns A, que manteñen a categoría, e os cadetes, que ascenderon recentemente, volvendo a primeira un ano despois.

Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis...

 
A Concellería de Medio Ambiente organiza unha visita polo sendeiro do rio Furnia o vindeiro domingo Imprimir Correo-e
Tomiño
21 do 05 do 2010
  • As persoas que queiran apuntarse disporán dun servizo de transporte ata o lugar

ImageA Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Tomiño, que dirixe Santiago Vergara, organiza o vindeiro domingo dentro do programa “A nosa auga dá vida”,  un percorrido polo sendeiro do río Furnia.

O obxectivo desta actividade é dar a coñecer e por en valor os principais espazos naturais do concello da man de guías intérpretes que axudarán aos presentes a achegarse á natureza e á biodiversidade.

O percorrido polo sendeiro do río Furnia terá lugar o vindeiro domingo 23 de maio pola mañá, dispoñendo a concellaría un servizo de autobuses para desprazarse ata o lugar. As persoas interesadas poden informarse e apuntarse no Concello de Tomiño ou chamando ao número 986 622 001/03.
 

Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis...

 
Festa da Bicicleta 2010 o 30 de maio Imprimir Correo-e
Tomiño
20 do 05 do 2010
ImageO domingo 30 de maio terá lugar no Centro Social de Estás unha nova edición da Festa da Bicicleta.

O lugar de saída será do propio Centro Social de Estás as 11:00 h da mañá.

Organiza: Centro Social de Estás.

Colaboran: Deputación de Pontevedra e Concellería de Deportes e Lecer.

Comentarios (2) | Ler máis...

 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 145 - 162 de 723