O Tempo en Tomiño
El Tiempo en Tomino - Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Últimos comentarios
Unha unidade móbil d...
asombrado
He ido hoy 10/2/2010 a hablar conesta gente, y me han c...
Máis...
Por Un de Barrantes

Tráxico falecemento ...
David con tu marcha has dejado muchas lágrimas, desde d...
Máis...
Por es lo de menos

Deputados socialista...
medio ambiente
a haber si e verdade que por fin chegen dunha vez estas...
Máis...
Por unha veciña

Tráxico falecemento ...
nunca te olvidaremos
David siempre estaba de buen humor con todos era amigo ...
Máis...
Por Tamara Pérez Vilamean

¿Quién está en línea?
Temos 6 convidados conectados
A Concellaría de Deportes organiza o I Torneo de Tenis de Mesa Concello de Tomiño Imprimir Correo-e
Deportes Tomiño
31 do 12 do 2009
  • Os participantes, maiores de 15 anos, terán que apuntarse antes do 19 de xaneiro

A Concellaría de Deportes e Lecer do Concello de Tomiño organiza en colaboración coa Agrupación Deportiva Baixo Miño (AGRUDEBAM) o I Torneo de Tenis de Mesa Concello de Tomiño, que terá lugar os sábados 23 e 30 de xaneiro no Pavillón de Tomiño. As persoas interesadas terán como prazo para apuntarse ata o día 19 de xaneiro en horario de mañá, ou ben, chamando ao teléfono 986 622 988.

Para poder participar establécese unha idade mínima de 15 anos e un número de prazas de entre 10 e 24 xogadores/as.
 

Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis...

 
A "Unión del Porvenir" recuperou o esplendor da arquitectura que a caracteriza Imprimir Correo-e
Tomiño
30 do 12 do 2009
  • O Obradoiro de Emprego responsable da rehabilitación foi clausurado hoxe

ImageA primeira fase da recuperación da antiga escola indiana “Unión del Porvenir”, situada entre as parroquias de Taborda e Piñeiro, foi clausurada esta mañá coa presenza do Delegado da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Coures Tourís.

O acto de clausura comezou ao mediodía ca visita ao edificio das autoridades, técnicos e veciños/as das parroquias de Taborda e Piñeiro. O percorrido foi guiado polo director do Obradoiro, Daniel Paz Antón, e o arquitecto responsable da obra, Carlos Álvarez. Este explicou que a filosofía do proxecto foi respectar e dar protagonismo á antiga construción, aínda que se construíu unha parte nova para maior funcionalidade do espazo, no que hai que distinguir entre zona de ocio e locais anexos de traballo e almacén.
 

Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis...

 
A Concellería de Medio Ambiente emprende as obras para abastecer de auga ao pavillón de Sobrada Imprimir Correo-e
Tomiño
29 do 12 do 2009
  • A actuación, incluída no Plan de Mellora de Abastecemento nas parroquias, faise coa colaboración da comunidade de montes

ImageA Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Tomiño, dentro do Plan de Mellora de Abastecemento levado a cabo nas parroquias dende o inicio da lexislatura, vén de emprender a construcción dun pozo con bombeo para subministrar auga ao pavillón de Sobrada.

O concelleiro da área, Santiago Vergara, salientou a colaboración permanente da comunidade de montes para sacar adiante as obras. Miguel Domínguez, tesoureiro da comunidade, pola súa banda, agradeceu o apoio da concellaría reiterando a súa disposición para máis actuacións deste tipo.
 

Comentarios (16) | Ler máis...

 
Firma del convenio que posibilita la financiación para la restauración de cruceiros y lavaderos Imprimir Correo-e
Tomiño
29 do 12 do 2009
  • La Concellería de Cultura, Educación y Participación Vecinal firma, con la Asociación de Vecinos O ÁRBOL, el convenio que permite financiar las obras de restauración y recuperación de algunos Cruceiros y Lavaderos de Tomiño

ImageLas obras, cuya financiación había sido comprometida por el Teniente-Alcalde Jesús Castiñeira, con la Asociación de Vecinos O Árbol de Vilachán, se desarrollaron a lo largo de este año, aunque la tramitación ya se había iniciado en el 2008 con la petición de licencias y permisos, tanto a patrimonio como al área de urbanismo de la propia entidad local.

La financiación municipal supone el 80% del coste total, con un montante de 8.000 Euros. Las obras han supuesto, entre otras actuaciones, la rehabilitación y reforzamiento de la base del cruceiro de sanomedio y de varios lavaderos. Estas actuaciones, según Castiñeira, se completarán con la recuperación de a Fonte do Cholro, pendiente de ejecutar su segunda fase, que se ha incluído en el Plan de Actuación de la Diputación Provincial y será a esta entidad a quién le corresponda su adjudicación.
 

Comentarios (31) | Ler máis...

 
Concerto de Navidad en Amorín Imprimir Correo-e
Cultura Tomiño
28 do 12 do 2009
ImageEl domingo  27 de diciembre, tuvo lugar  en Amorin el Concierto de Navidad. Organizado por la Asociación Veciños de Amorín y con la colaboración de la Diputación de Pontevedra y la Federación de Asociaciones Terramiño, tuvo lugar en la Iglesia Parroquial de Amorín, a las 20:30 de la tarde.

Pese al mal tiempo, azotados por el viento y resguardándose de la lluvia y el frio, los más de cien espectadores que llenaron la iglesia, tuvieron el privilegio de pasar una hora, deleitándose con la buena música y, sobre todo, admirando el virtuosismo de los intérpretes.
 

Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis...

 
Sorteo da Cesta de Nadal da Asociación "O Arbol" Imprimir Correo-e
OArbol
26 do 12 do 2009
O pasado 23 de decembro tivo lugar na sede da Asociación de Veciños "O Árbol" de Vilachán  o sorteo da cesta de nadal de este ano. Ante numeroso público introducíronse os resguardos dos boletos nunca caixa e procedeuse a buscar unha man inocente que estraese o número gañador. Ante a falta de nenos nese momento a persoa elexida para sacar o número foi a Hermelinda.

 


O número premiado foi o 000133. Ese número foi vendido na tenda do Fonso a algún dos seus clientes. Este ano a cesta foi a parar a unha familia de Vilar, clientes habituales do Fonso que recolleron a cesta con gran alegría. Enhoraboa. 

Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis...

 
A exposición de pintura "Arritmias" permanece aberta no Auditorio de Goián Imprimir Correo-e
Cultura Tomiño
24 do 12 do 2009
  • Cultura organizará  con AGAEC un simposio de pintura durante a terceira edición da Festa do Kiwi

ImageA exposición pictórica “Arritmias” organizada pola Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal en colaboración coa Asociación Galega de Arte e Cultura (AGAEC), permanece aberta ata o vindeiro día 10 de xaneiro de 2010, no Auditorio Municipal de Goián, en horario de luns a venres de 09.00 a 13.00 horas.

A mostra, coordinada por Jesús Pereira Ríos, foi inaugurada a pasada fin de semana coa asistencia do concelleiro de Cultura, Jesús Castiñeira, a presidenta da AGAEC, Josefa Mariño Rivas, e outras autoridades e representantes de entidades e asociacións locais.

 

Comentarios (1) | Ler máis...

 
O violinista ruso Mijail Moriatov actuará este sábado en Tomiño no Concerto de Nadal Imprimir Correo-e
Cultura Tomiño
24 do 12 do 2009
  • O parque infantil “Tomilandia” permanecerá aberto o día 26 entre as catro e as oito da tarde

ImageA Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal do Concello de Tomiño, lembra que dentro da Programación de Nadal desta fin de semana, terá lugar o vindeiro sábado, 26 de decembro, o tradicional Concerto de Nadal, que este ano estará a cargo do violinista ruso Mijail Moriatov.

A actuación será no Auditorio de Goián a partir das 21.00 horas.

Mijail Moriatov é un dos violinistas de maior proxección e prestixio residentes actualmente en España. Naceu en Rusia e aos cinco anos empezou a súa carreira musical, despois de estudar cos profesores máis ilustres de San Petersburgo.

Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis...

 
Praza de limpiador/a de carácter laboral fixo no colexio público Pedro Caselles de Tomiño Imprimir Correo-e
Tomiño
23 do 12 do 2009

Convoca: Concello de Tomiño.

Contido: Convocatoria para cubrir dunha praza de persoal laboral fixo a tempo parcial limpiador/a Colexio Público Pedro Caselles, vacantes no cadro de persoal do Concello de Tomiño.

Requisitos:

Para participar na presente convocatoria é necesario:
  • Posuí-la nacionalidade española, ou a dun Estado membro da Unión Europea nos termos previstos na lexislación vixente.
  • Te-lo título de certificado de escolaridade o equivalente ós efectos de poder aspirar as presentes prazas.

Comentarios (2) | Ler máis...

 
Curso de ioga para adultos en Tomiño Imprimir Correo-e
Tomiño
23 do 12 do 2009
A Concellaría de Deportes e Lecer do Concello de Tomiño organiza un curso de ioga para adultos que comezará no mes de xaneiro de 2010.

As clases desenvolveranse no Auditorio Municipal de Goián os días luns de 10.00 a 11.30 da mañá, a partir do día 11 de mes de xaneiro de 2010.

A concellaría establece un mínimo de prazas de 10 alumnos/as e un máximo de 20. Os/as interesados/as poden inscribirse ou solicitar máis información no Departamento de Deportes do Concello de Tomiño (rúa Colón, n.º 2, 1º ) ou chamando ao número de teléfono 986 622 988. 

Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis...

 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 127 - 144 de 791