O Tempo en Tomiño
El Tiempo en Tomino - Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Últimos comentarios
Unha unidade móbil d...
asombrado
He ido hoy 10/2/2010 a hablar conesta gente, y me han c...
Máis...
Por Un de Barrantes

Tráxico falecemento ...
David con tu marcha has dejado muchas lágrimas, desde d...
Máis...
Por es lo de menos

Deputados socialista...
medio ambiente
a haber si e verdade que por fin chegen dunha vez estas...
Máis...
Por unha veciña

Tráxico falecemento ...
nunca te olvidaremos
David siempre estaba de buen humor con todos era amigo ...
Máis...
Por Tamara Pérez Vilamean

¿Quién está en línea?
Temos 1 convidado conectados
Rápido Bahía 0 Tomiño 0 Imprimir Correo-e
Deportes Tomiño
11 do 01 do 2010

Rápido Bahía: Martín, Cibrán, Villa (Isaac, min. 85), Pablo, Lino, Santi, Ramón (Chico, min. 88), Hugo, Pedro, Carlos y Cacho (Esteban, min. 60).

Tomiño: Jorge, Cubi, Falagan, Aaron (Hugo, min. 32) (Cais, min. 85), Isma, Borja, Mauri (Berto, min. 90), Víctor, Iván, Bubi (Damián, min. 70) y Luis.

Árbitro: Quintela Baluja (Santiago). Mostró tarjeta amarilla a los locales Ramón, Carlos, Cacho y Esteban, y a los visitantes Jorge, Bubi, Luis y Damián.


Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis...

 
Tomiño leva a cabo a limpeza de camiños da concentración parcelaria Imprimir Correo-e
Tomiño
09 do 01 do 2010
  • O Concello realiza os traballos dun xeito sistemático e organizado ao longo de todo o ano

O Servizo de Limpeza de Camiños do Concello de Tomiño está a levar a cabo a limpeza dos camiños de concentración parcelaria do municipio coa finalidade de evitar que as vías se pechen de maleza e sexan intransitables.

Os traballos de limpeza, que se realizan durante o inverno aproveitando que a maquinaria se atopa máis libre, se efectúan dun xeito ordenado e sistemático, rematando polígonos completos antes de pasar aos seguintes; tarefa que parece lóxica pero que non se viña facendo así, cando menos en parcelaria.

 

Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis...

 
O prazo de inscrición para o tradicional "Venres de Foliada" abrirase o vindeiro día 11 Imprimir Correo-e
Cultura Tomiño
09 do 01 do 2010
  • A Concellaría de Cultura organiza a décimo terceira edición do desfile de Entroido

A Concellería de Cultura, Educación e Participación Veciñal Concello de Tomiño organiza a décimo terceira edición do desfile de Entroido “Venres de Foliada”, que se celebrará o día 12 de febreiro de 2010 a partir das dez da noite.
 
O prazo de inscrición das comparsas abrirase o día 11 de xaneiro e rematará o día 29 do mesmo mes.

Segundo o especifican as bases, as comparsas deben estar formadas por un mínimo de 15 compoñentes, fixándose un máximo de 25 comparsas e dándoselle preferencia ás agrupacións do concello.
 

Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis...

 
A Concellería de Deportes asina un convenio para o acondicionamento do campo de fútbol de Taborda Imprimir Correo-e
Tomiño
09 do 01 do 2010
  • O investimento permitirá realizar melloras nas instalacións deportivas

ImageA Concellaría de Deportes e Lecer do Concello de Tomiño asinou un convenio de colaboración coa Comunidade de Montes de Taborda para acondicionamento, equipamento e mellora do campo de fútbol e vestiarios por valor de 9000 euros.

Telmo González Rocha foi o encargado de asinar xunto ao concelleiro de Deportes, Fernando Álvarez, o devandito convenio de colaboración que permitirá á comunidade de montes realizar necesarias melloras no campo de fútbol da parroquia, ao que asisten regularmente numerosos usuarios.
 

Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis...

 
Tomiño alerta dun perigoso desvío na estrada a Couso Imprimir Correo-e
Tomiño
08 do 01 do 2010
  • Unha bolsa de auga mantén regulado o tramo na zona desde fai xa 15 días

As extremas condicións meteorolóxicas afectan aos viarios de media Galicia estes días pero, no caso de Tomiño, a afección prolóngase desde o ano pasado. O Concello remitiu xa un escrito á Xunta para que, con carácter de urxencia, acometa a reparación dun tramo da PO-344 entre Santa María de Tebra e Couso, transformado nun perigoso circuíto de karting por culpa dunha bolsa de auga nun dos seus carrís.

A concelleira de Tráfico e Seguridade, Julia Cascón, confirmaba onte que xa comunicaron a situación á Xunta, debido «ao evidente risco para a seguridade viaria». Desde o Concello recoñecen que a coincidencia das festas do Nadal pode dificultar a celeridade nas obras pero advirten que son datas nas que as adversas condicións meteorolóxicas multiplican o risco nunha estrada na que xa de seu se suceden os bancos de néboa. Esta falta de visibilidade é, á súa entender, unha dos perigos a atallar.
 

Comentarios (2) | Ler máis...

 
A Confederación Hidrográfica remata as obras de consolidación e mellora da ribeira do Furnia Imprimir Correo-e
Tomiño
08 do 01 do 2010
  • A Concellaría de Medio Ambiente agradece a colaboración deste organismo e tamén a dos veciños

ImageA Confederación Hidrográfica do Miño-Sil vén de rematar as obras de consolidación e mellora da ribeira do río Furnia, na zona de descanso próxima á estrada C-550 entre Tui e A Guarda. Estas obras forman parte das distintas actuacións que se están a realizar na ribeira do río Furnia a instancias da Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Tomiño.

Segundo informou o concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Vergara, tamén remataron as obras de roza levadas a cabo polo Concello na zona dos muíños das Fallas (Amorín), quedando pendente a creación dunha aula da natureza aberta que se instalará na beira deste río; un enclave emblemático para o goberno local pola calidade das súas augas e beleza da contorna.
 

Comentarios (23) | Ler máis...

 
La previsión de gasto en rebajas asciende a 4,2 millones de euros Imprimir Correo-e
Baixo Miño
07 do 01 do 2010
  • La Federación de Empresarios calcula que la mayoría de los 86,68 euros por persona se empleará en ropa

La previsión de gasto en las rebajas del invierno en los establecimientos comerciales del Baixo Miño se estima en 4.288.682,87 euros, frente a los 5.130.786,45 euros del año 2009 en el mismo periodo.

Es la conclusión del estudio realizado por la Federación de Empresarios del Baixo Miño, Febam, que preside Carmen María García Braga, para conocer el comportamiento de los consumidores de la comarca con respecto a las rebajas de invierno que comienzan en el día de hoy.
 

Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis...

 
Protección Civil de Tomiño prepara novos proxectos para 2010 Imprimir Correo-e
Tomiño
07 do 01 do 2010
  • A agrupación, que cambiou de directiva, atendeu no 2009 case catrocentas incidencias

ImageA Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tomiño celebrou hai uns días unha asemblea na que renovou a súa directiva e se presentou o estado de contas.

Na xuntanza, presidida pola concelleira de Seguridade e Tráfico, Julia Cascón, deuse conta da nova directiva, na que foi nomeado coordinador, Delmiro González Bautista; segundo coordinador, José Mª Domínguez; secretaria, Elsa Ramilo e tesoreira, Emilia Vicente.

 

Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis...

 
Este sábado terá lugar a tradicional "Debullada" no Centro Cultural de Estás Imprimir Correo-e
Cultura Tomiño
07 do 01 do 2010
ImageO sábado día nove de xaneiro a partir das nove e media da noite terá lugar a tradicional debullada no baixo do centro social cultural e deportivo de Estás. A festa estará amenizada pola “CHARURGA DA XISTRA” de Coruxo metade charanga metade murga. O remate da festa haberá chocolate e rosca para todos. Organiza a comisión de festas de S. Sebastián e colabora centro social cultural e deportivo de Estás.




 

Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis...

 
Boletín do mes de xaneiro da Asociación de Veciños de Amorín Imprimir Correo-e
Tomiño
07 do 01 do 2010
Consulta o Boletín de xaneiro da Asociación de Veciños de Amorín

Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis...

 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 109 - 126 de 791