|
Cultura Tomiño
|
|
22 do 06 do 2010 |
- O concelleiro de Cultura salientou o éxito acadado polas novas disciplinas impartidas ao longo deste último curso
 A Escola Municipal de Teatro e Danza de Tomiño pechou esta semana as súas clases correspondentes ao curso 2009-2010.
Para a ocasión, ambas aulas celebraron o final das clases con distintas actividades.
No caso da aula de teatro, organizáronse varios actos, entre os que destacou unha busca do tesouro, xogos e merenda ao aire libre.
Pola súa banda, a aula de danza celebrou, entre outras actividades, unha clase aberta de iniciación á danza e un curso monográfico de danza contemporánea, baixo a denominación “Remedio para a sede”, dirixida pola profesora Cristina Cameselle.
Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis... |
|
|
Tomiño
|
|
22 do 06 do 2010 |
|
A Directiva do Centro Social de Estás, e a Asoc, Xuvenil Buraco do Frade, organizan o vindeiro 26 de Xuño a partir das 21.30 h. unha sardiñada con motivo de San Xoán; serviranse sardiñas, acompañadas de pan de millo e viño a un prezo de 4 euros.
A partir das 22.30h. actuará o Grupo de Gaitas Virxen do Alivio. Unha vez mais agardamos contar coa vosa participación.
Comentarios (1) | Ler máis... |
|
|
Tomiño
|
|
21 do 06 do 2010 |
O secretario de organización do PSdeG-PSOE, Luis Piña, cualificou onte de «pólvora mollada» á suma de Alternativa Tomiñesa e Partido Popular no Baixo Miño, onde considera que non cambiará nada.
Sobre o recente anuncio de absorción de Alternativa Tomiñesa por parte dos populares, dixo Piña que «só busca que Louzán non perda a súa cadeira na Deputación.
O portavoz socialista asegurou que o presidente do PP de Pontevedra, Rafael Louzán «está moi preocupado ante a posibilidade de perder o seu cargo, porque igual ten que volver ao seu antigo traballo en Ribadumia».
Comentarios (13) | Ler máis... |
|
|
Tomiño
|
|
21 do 06 do 2010 |
|
SARDIÑADA E FOGUEIRA
O vindeiro mércores, 23 de Xuño, vaise celebrar en Amorín, unha gran sardiñada. As sardiñas e o pan serán de balde. A partires das 12 da noite, vaise prender lume á fogueira . Todo isto será no Campo de fútbol.
VERBENA
O sábado dia 26, ás doce da mañán, terá lugar unha Misa en honra do Patrón, San Xoán.
Pola noite haberá unha verbena, que será amenizada polas orquestas Magos de España e Tokio. Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis... |
|
|
Deportes Tomiño
|
|
21 do 06 do 2010 |
|
Este domingo, día 20 de xuño, celebrouse no Rosal a 4ª competición da Copa Galega de Promoción de Slalom. Nestas competicións de promoción participan os membros máis pequenos de cada club, nenos e nenas con idades comprendidas entre os 8 e os 14 anos. A organización, nesta ocasión correu a cargo do Club Deportivo Miño-Teixugos e contou coa participación de clubs de toda Galicia. Como xa é habitual neste deporte o encontro tivo lugar nun ambiente festeiro e de gran deportividade. As medallas quedaron repartidas entre todos os clubs, os Teixugos remataron con dúas de ouro, tres de prata e dúas de bronce.
Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis... |
|
|
Tomiño
|
|
20 do 06 do 2010 |
- Louzán alaba el retorno de los miembros de AT "que nunca debieron dejar el partido"
César Pérez Ares regresa a la política municipal por la puerta grande abierta en el congreso local celebrado ayer durante casi tres horas, en el que se aprobó la renovación del comité del PP tomiñés, con "Pérez Presidente", como gustaron de llamar, y varios miembros procedentes del grupo Alternativa Tomiñesa (AT), que así culminan el proceso de integración en las filas populares.
Respaldo no faltó, con asistencia del presidente provincial Rafael Louzán, Alfonso Rueda Javier Guerra, José Manuel Baltar, Pilar Rojo, la senadora Paz Lago, alcaldes de Tui y de O Rosal, concejales y un Auditorio lleno de público. Ausencia notable, la del ex alcalde popular José Luis Fernández Lorenzo. Comentarios (17) | Ler máis... |
|
|
Tomiño
|
|
19 do 06 do 2010 |
- Impartirase tamén un curso monográfico denominado “Remedio para a sede”
A Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal, que dirixe Jesús Castiñeira, informa que este venres, 18 de xuño, ás sete da tarde, celebrarase unha clase aberta de iniciación á danza e un curso monográfico de danza contemporánea, baixo a denominación “Remedio para a sede”, dirixida pola profesora Cristina Cameselle.
A entrada será de balde ata completar o aforo.
Comentarios (1) | Ler máis... |
|
|
Cultura Tomiño
|
|
19 do 06 do 2010 |
- A actividade, organizada coa colaboración da Concellaría de Cultura, será inaugurada o vindeiro día 2 de xullo
A Asociación de Mulleres Rurais de Tomiño organiza coa colaboración da Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal, unha exposición do traballo realizado durante o último ano, que será inaugurada o vindeiro 2 de xullo ás 19.00 horas, permanecendo aberta os días 3 e 4 do mesmo mes (de 17.00 a 20.00 horas) na Casa da Cultura de Tomiño.
Na mostra, poderá contemplarse o traballo realizado durante o ano nos diferentes cursos celebrados, entre os que se atopan os de manualidades (madeira, estaño, bordado, etc.), pintura ao óleo, etc.
Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis... |
|
|
Tomiño
|
|
19 do 06 do 2010 |
- A actividade, organizada pola Concellaría de Seguridade, lévase a cabo na nave de San Bieito ao longo de cinco sábados
 A Concellaría de Seguridade, Tráfico e Transporte, que dirixe Julia Cascón, organiza un curso sobre incendios urbanos e forestais para os membros da Agrupación de Protección Civil de Tomiño.
A actividade, que ten lugar na nave de formación de San Bieito, ten unha duración aproximada de 40 horas, repartidas nos sábados 5, 12 e 26 de xuño e 3 e 10 de xullo, a razón de oito horas diarias.
Durante estas clases, os voluntarios e voluntarias aprenden da man de experimentados profesionais, a aplicar os primeiros auxilios ás víctimas de incendios, a entrar nun edificio afectado polo lume, a utilizar mangueiras e escaleiras, ou a utilizar o equipo autónomo.
Comentarios (1) | Ler máis... |
|
|