O Tempo en Tomiño
El Tiempo en Tomino - Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Últimos comentarios
Unha unidade móbil d...
Miente que algo queda...
Miente, miente, que algo queda. Hoy no es 10 de febrer...
Máis...
Por Uno que sabe

Unha unidade móbil d...
asombrado
He ido hoy 10/2/2010 a hablar conesta gente, y me han c...
Máis...
Por Un de Barrantes

Tráxico falecemento ...
David con tu marcha has dejado muchas lágrimas, desde d...
Máis...
Por es lo de menos

Deputados socialista...
medio ambiente
a haber si e verdade que por fin chegen dunha vez estas...
Máis...
Por unha veciña

¿Quién está en línea?
Temos 17 convidados conectados
A Concellaría de Mocidade oferta cursos de cultura árabe, idiomas, aventura y astronomía Imprimir Correo-e
Tomiño
30 do 01 do 2010
  • A OMIX vén de editar un díptico coa totalidade dos cursos e actividades organizados e datas de impartición

ImageA Concellería de Mocidade que dirixe o nacionalista Xaquín Villandangos, vén de presentar a programación da OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) para todo o ano 2010.

Propostas tan innovadoras coma astronomía, rafting, escalada, radio “on-line” ou cultura árabe comparten cartel con outras máis tradicionais, como os idiomas, gastronomía, fotografía, masaxe ou malabares.

Concretamente, a concellaría fai unha oferta dunha vintena de cursos e actividades, dentro dos que se inclúen: francés e inglés (niveis iniciación e medio); portugués (niveis medio e avanzado); lingua e cultura árabe, cociña, fotografía, masaxe, automaquillaxe, escalada, bici de montaña, rafting, tenis de mesa, malabares, astronomía, obradoiros de radio “on-line” e fabricación de bombos; primeiros auxilios e campamentos de verán.
 

Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis...

 
O día 29 de xaneiro remata o prazo para incribirse no desfile de entroido Imprimir Correo-e
Tomiño
29 do 01 do 2010
  • O tradicional desfile “Venres de Foliada” terá lugar o vindeiro 12 de febreiro

ImageO día 29 de xaneiro remata o prazo de inscrición para o desfile de Entroido "Venres de Foliada", organizado pola Concellería de Cultura, Educación e Participación Veciñal do Concello de Tomiño e que se celebrará o día 12 de febreiro de 2010 a partir das dez da noite.

Segundo o especifican as bases, as comparsas deben estar formadas por un mínimo de 15 compoñentes, fixándose un máximo de 25 comparsas e dándoselle preferencia ás agrupacións do concello.

As comparsas con cabalos non serán admitidas e en caso de chuvia, o desfile desprazarase ao venres seguinte.
 

Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis...

 
A presentación do programa LEADER suscita un grande interese en toda a área de Vigo e Baixo Miño Imprimir Correo-e
Tomiño
28 do 01 do 2010
5 millóns de euros en axudas a promotores públicos e privados para o desenvolvemento do rural

ImageMáis de cento cincuenta asistentes, representantes de empresas, Concellos, asociacións veciñais, culturais, asistenciais, comunidades de montes e augas , etc. dos quince concellos do sur-oeste da provincia de Pontevedra, e que conforman a Mancomunidade da Area Intermunicipal de Vigo e Baixo Miño, estiveron presentes onte no auditorio municipal de Goián (Tomiño), na presentación da convocatoria das axudas do Programa Leader Galiza 2007-2013 e da páxina web da Asociación Grupo de Desenvolvemento Rural MAIV- Baixo Miño (AGDR18), responsable da xestión dos cinco millóns de euros aos que  ascenden as axudas  a conceder.

Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis...

 
O vindeiro día 30 xogaranse as rondas finais do I Torneo de Tenis de Mesa Concello de Tomiño Imprimir Correo-e
Deportes Tomiño
28 do 01 do 2010
Os organizadores prevén ofrecer antes da final unha exhibición entre xogadores do máximo nivel

O vindeiro día 30 de xaneiro no pavillón polideportivo de Tomiño, xogaranse as roldas finais do I Torneo de Tenis de Mesa Concello de Tomiño, a partir das 16:00 horas, finalizando o evento coa entrega de premios. Nesta xornada, os organizadores prevén ofrecer antes da final, unha exhibición entre os xogadores de máximo nivel pertencentes ao Club Tenis de Mesa AD Vincios.

O torneo comezou o sábado 23 de xaneiro, organizado pola Concellaría de Deportes e Lecer do Concello en colaboración coa Agrupación Deportiva Baixo Miño (AGRUDEBAM).

Na competición, que esgotou o número de prazas durante o prazo de inscrición, participan xogadores de diferentes concellos ademais de Tomiño, como Vigo, Nigrán, A Guarda e Gondomar.
 

Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis...

 
O Ciclo de Conferencias "A Igrexa nos nosos días" compón a programación cultural do mes de febreiro Imprimir Correo-e
Cultura Tomiño
28 do 01 do 2010

Pincha para ver en grandeO Auditorio Municipal de Goián acollerá un ciclo de conferencias co título "A igrexa nos nosos días". Está organizado pola Diócese Tui-Vigo, a parroquia de Goián e o concello a través da Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal.

Día 6: Conferencia “O camiño de Santiago e o Ano Santo” a cargo de D. Francisco J. Castro Miramontes no Auditorio de Goián ás 20 horas.

Día 13: Conferencia “Os novos dereitos humáns: aborto e eutanasia” a cargo de D. Alfredo Luís Martín Pereira no Auditorio de Goián ás 20 horas.

Comentarios (12) | Ler máis...

 
A Concellaría de Cultura asina un convenio de colaboración coa asociación "Raices" de Piñeiro Imprimir Correo-e
Tomiño
28 do 01 do 2010
  • A axuda dedicarase á mellora de dependencias no centro social

ImageA Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal do Concello de Tomiño, que dirixe o tenente de alcalde Jesús Castiñeira, asinou un convenio de colaboración coa Asociación Cultural e Deportiva Raíces, de Piñeiro, por valor de 3000 euros, que se dedicarán a cofinanciar a adaptación dun espazo, dentro do Casa Social de Piñeiro, para oficinas e dependencias desta asociación.

Sobre esta achega, Castiñeira destaca o importante esforzo que dende a concellaría e o goberno municipal se está a facer para mellorar os centros sociais nas parroquias, con axudas e investimentos en Sobrada, Amorín, San Salvador de Tebra, Forcadela, Taborda-Piñeiro, Tomiño e Goián, e adianta que continuará durante o exercicio de 2010, para o que se ten pensado aumentar a dispoñibilidade de fondos, tanto para rehabilitación e adaptación de espazos como para equipamento.

Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis...

 
A presentación oficial da convocatoria de axudas do programa Leader Galicia presentase hoxe en Goián Imprimir Correo-e
Tomiño
26 do 01 do 2010
A presentación oficial da convocatoria de axudas do programa Leader Galicia 2007-2013 terá lugar ás 20.00 horas do día de hoxe, no Auditorio de Goián, a cargo da Asociación Grupo de Desenvolvemento Rural da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo-Baixo Miño (AGDR18). A vicepresidenta do AGDR-MAIV Baixo Miño, e alcaldesa de Tomiño, Sandra González, anima á participación de proxectos productivos e perdurables no tempo, con investimentos que xeren emprego, pois teñen opción a acceder a parte dos 5.300.000 euros aportados na súa meirande parte pola Unión Europea.
 

Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis...

 
El PP achaca el retraso en la obra del vial Tui-A Guarda a la "ineptitud" de Caride Imprimir Correo-e
Autovía Tomiño
26 do 01 do 2010
  • La diputada Marta Valcárcel afirma que las obras estuvieron paralizadas durante el periodo de la socialista como conselleira

El Partido Popular de Galicia incide en que el vial Tui-A Guarda no está rematado todavía por la "ineptitud" de la socialista María Xosé Caride mientras estuvo al frente de la Consellería de Política Territorial, pues "paralizó unas obras que tendrían que estar rematadas en el año 2008".

La diputada popular Marta Valcárcel Gómez suscribe así un escrito de réplica contra las manifestaciones del grupo parlamentario socialista sobre esta obra, donde culpa al PP de no llevarla adelante. Valcárcel afirma que las obras del vial "estarían acabadas en el año 2008 si el bipartito no las paralizara".
 

Comentarios (23) | Ler máis...

 
Tomiño consegue a ITV ao longo de todo 2010 Imprimir Correo-e
Tomiño
26 do 01 do 2010
  • As inspeccións de ciclomotores realizaranse cada dous meses e as doutros vehículos cada seis 
  • Dúas veces ao ano poderán inspeccionarse na vila vehículos de todo tipo, incluso os agrícolas

As xestións levadas a cabo pola Concellaría de Seguridade, Tráfico e Transporte do Concello de Tomiño ante o organismo competente, tiveron coma resultado a concesión para o municipio tomiñés da Inspección Técnica de Vehículos (ITV) ao longo de todo o ano.

Segundo o calendario establecido, a ITV de ciclomotores e motocicletas realizarase cada dous meses aproximadamente, estando previstas futuras citas para os meses de marzo, maio, setembro e novembro de 2010.
 

Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis...

 
Junta extraordinaria en la Asociación de Vecinos de Amorín Imprimir Correo-e
Tomiño
25 do 01 do 2010
El domingo 24 de enero, tuvo lugar la 1ª Asamblea General Extraordinaria de la Asociación Veciños de Amorín. Se han renovado algunos cargos en la junta directiva, quedando esta como sigue:

Presidente: D. José Quinteiro Domínguez.
Vicepresidenta: Dña. Rosa María Fonterosa Álvarez.
Secretario: D. José Manuel Álvarez Fonterosa.

Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis...

 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 73 - 90 de 791