O Tempo en Tomiño
El Tiempo en Tomino - Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Últimos comentarios
Unha unidade móbil d...
Miente que algo queda...
Miente, miente, que algo queda. Hoy no es 10 de febrer...
Máis...
Por Uno que sabe

Unha unidade móbil d...
asombrado
He ido hoy 10/2/2010 a hablar conesta gente, y me han c...
Máis...
Por Un de Barrantes

Tráxico falecemento ...
David con tu marcha has dejado muchas lágrimas, desde d...
Máis...
Por es lo de menos

Deputados socialista...
medio ambiente
a haber si e verdade que por fin chegen dunha vez estas...
Máis...
Por unha veciña

¿Quién está en línea?
Temos 1 convidado conectados
"Aborto e eutanasia", tema do vindeiro sábado dentro do Ciclo de Conferencias sobre a Igrexa Imprimir Correo-e
Cultura Tomiño
12 do 02 do 2010
  • O ciclo está organizado pola Concellería de Cultura de Tomiño e a Diócesis de Tui-Vigo
  • A conferencia estará a cargo de Alfredo Martín Pereira, membro do Foro Español da Familia

O vindeiro sábado, 13 de febreiro de 2010, continúa o ciclo de conferencias sobre temas de actualidade na Igrexa Católica que con motivo da conmemoración do Ano Xacobeo, organizan a Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal do Concello de Tomiño, que dirixe o tenente de alcalde Jesús Castiñeira, e a Diócese de Tui-Vigo, a través da parroquia de Goián.

Neste segundo encontro, Alfredo Luís Martín Pereira, membro do Foro Español da Familia, falará sobre o “Aborto e a Eutanasia” desde o punto de vista dos dereitos humanos, facendo unha reflexión sobre o significado do dereito á vida.

Comentarios (4) | Ler máis...

 
A Oficina de Igualdade do Concello de Tomiño organiza o segundo curso de cociña para homes Imprimir Correo-e
Tomiño
11 do 02 do 2010
  • A acción forma parte da campaña de sensibilización que desenvolve o departamento

ImageA Oficina de Igualdade do Concello de Tomiño  organiza un Obradoiro de cociña para homes, baixo o lema “Porque cociñar é tarefa de dous”. Trátase da continuación da actividade celebrada nos meses de outubro e novembro do ano pasado, coas persoas que quedaron en lista de espera.

A duración da actividade será de 10 sesións de 2 horas cada unha, sendo as datas de celebración os martes e xoves comprendidos entre o 9 de febreiro e o 16 de marzo, ambos incluídos.

A través desta actividade, quince homes, de idades e ocupacións variadas, asistirán ás clases impartidas no Restaurante Asensio de 19:00 a 21: 00 horas, donde aprenderán receitas típicas galegas ademais de conceptos básicos sobre cociña e gastronomía.
 

Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis...

 
Un incendio nun garaxe de Tomiño afecta a catro vehículos e obriga a desaloxar o edificio de madruga Imprimir Correo-e
Tomiño
10 do 02 do 2010

Un incendio nun garaxe dun edificio de Tomiño obrigou na madrugada de onte a desaloxar un edificio e afectou a varios coches. A alarma saltou contorna ás seis da madrugada nun inmoble da céntrica cale República Arxentina. Non houbo que lamentar danos persoais pero, segundo sinalaron fontes da investigación, o lume, que se iniciou nun dos vehículos estacionados, afectou a outros tres coches que estaban no recinto. Descoñécense as circunstancias do sinistro xa que aínda que a investigación avanza que «non hai indicios de intencionalidade» haberá que esperar ao informe do equipo de investigación de incendios da Garda Civil para esclarecer a causa, que se apunta fortuíta.
 

Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis...

 
La Concejalía de Educación solicita la desafectación de las Escuelas Unitarias de Sobrada Imprimir Correo-e
Tomiño
09 do 02 do 2010
La Concejalía de Cultura, Educación y Participación Vecinal del Concello de Tomiño, que dirije el Teniente-Alcalde, Jesús Castiñeira, ha remitido un escrito al Jefe Territorial de Educación y ex concejal de educación en el Concello de Tomiño, César Pérez Ares, solicitándole que interceda ante la Consellería para negociar un convenio que permita la ampliación del actual CEIP de Sobrada y la desafectación de las Escuelas Unitarias.

La Concejalía también desea presentar a Educación el proyecto de reordenación del entorno del antiguo Campo de Fútbol de Sobrada, en el que se incluye, tras la citada desafectación, la integración de las Escuelas Unitarias como Centro Socio-Cultural.
 

Comentarios (3) | Ler máis...

 
A Concellaría de Medio Ambiente inicia os traballos para levar o saneamento ás parroquias de Tebra Imprimir Correo-e
Tomiño
09 do 02 do 2010
  • A obra inclúe a remodelación do Lago da Pedra e rehabilitación dunha senda ao longo do río

ImageA Concellaría de Medio Ambiente informa que comezaron os traballos para a construción do colector do río Cereixo. Esta obra, cun investimento de mais de 2 millóns de euros, procedente de Fondos Europeos e executada por Augas de Galicia,  implica a construción de 14 quilómetros de colectores que darán servizo ás parroquias de Sta. María, Vilameán e San Salvador de Tebra.

As obras teñen un prazo de execución de 9 meses, polo que a final de ano deberá estar operativo o servizo para os usuarios. A intervención inclúe, ademais, a remodelación da zona do Lago da Pedra e a rehabilitación dunha senda ao longo do río ata a ponte de San Salvador, que permita poñer en valor a paisaxe do río e os monumentos ata agora descoñecidos coma por exemplo a ponte de Hospital.
 

Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis...

 
O Festival Taíña enche Goián de festas e disfraces o vindeiro sábado 13 de febreiro Imprimir Correo-e
Cultura Tomiño
09 do 02 do 2010
  • O concerto contará cun recinto cuberto situado na praza da Igrexa     

ImageO Festival “Taíña” organizado pola Asociación Xuvenil Taíña coa colaboración da Concellaría de Mocidade e Promoción Económica do Concello de Tomiño, terá lugar un ano máis en Goián, o vindeiro sábado 13 de febreiro.

A praza da Igrexa será o recinto que albergue a partir das once e media da noite esta festa que pon un toque moi especial ao Entroido de Goián. 

Como vén sendo habitual, o recinto estará cuberto con unha carpa, para que en caso de chuvia, a celebración poda seguir. A entrada continúa a ser un ano máis gratuíta a pesar de contar coa presenza de grupos recoñecidos no panorama galego e español.
 

Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis...

 
Tomiño 1 Ribadumia 1 Imprimir Correo-e
Deportes Tomiño
08 do 02 do 2010

Tomiño: Dauso, Rubén, Óscar, Aaron, Ismael, Borja, Naya, Hugo (Pousa, min. 84), Iván, Luis y Rubén García (Álex, min. 73).
 

Ribadumia: Juanjo, Jonathan, Sallar, Iván, Rocha, Santiago, Alejandro (Fran, min. 78), Samu, Ramón (Berto, min. 80), Julio (Ríos, min. 75) y Manu.


Árbitro:
Hernández González (Ourense). Mostró tarjeta amarilla a los locales Ismael, Borja, Naya e Iván, y a los visitantes Iván, Ramón, Fran y Eloy. Expulsó con doble tarjeta amarilla al jugador del Tomiño Aaron (min. 44) y los del Ribadumia Samu (min. 61) y Manu (min. 88).
 

Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis...

 
Concerto de música barroca en Amorín Imprimir Correo-e
Cultura Tomiño
08 do 02 do 2010
ImageNo dia de onte, na igrexa de Amorin as 20 horas, daba comenzo o concerto anunciado de música barroca. Case se completaba o aforo da igrexa para disfrutar dunha hora de música clásica en directo.

Este concerto organizado pola Asociación Veciños de Amorin, achegounos o noso pobo a catro músicos de altísima calidade, que nos trasladaron a outras épocas da historia. Amandine Beyer, Sabela Garcia, Mª José Pampano e Baldomero Barciela nos ofreceron un concerto donde sonou a música de Purcell, Pachelbel, etc.

Cabe destacar a presenza da nosa alcaldesa Sandra Gonzalez, así como moita xente doutros pobos do noso concello e de outros concellos, que se desprazaron hasta Amorin para asistir a este concerto. A todos eles e os veciños que asistiron moitas gracias por asistir a este concerto.

Comentarios (1) | Ler máis...

 
O "Venres de Foliada" reunirá a unha trintena de comparsas con máis de 1500 compoñentes Imprimir Correo-e
Cultura Tomiño
08 do 02 do 2010
  • O desfile sairá do torreiro do Alivio o venres 12 de febreiro ás 22.00 horas
    
O vindeiro día 12 de febreiro terá lugar o tradicional desfile de Entroido de Tomiño “Venres de Foliada”, un dos máis populosos da comarca e no que participarán este ano máis de 1500 persoas.

A Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal, organizadora do evento, confirmou a participación de 26 comparsas con carroza e outras seis sen carroza, ademais de varias rondallas, charangas e treboadas que confiren ao espectáculo gran dinamismo e sabor popular. 

O percorrido terá a súa saída ás 22.00 horas no torreiro de festas do Alivio, baixará pola rúa Gondomar, xirará na rúa A Guarda ata a Praza do Seixo e rematará na rúa República Arxentina. 

Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis...

 
O Plan de Eficiencia Enerxética disminue un 180% no consumo eléctrico en menos de2 anos Imprimir Correo-e
Tomiño
05 do 02 do 2010
  • As actuacións realizáronse co asesoramento da Fundación da Enerxía de Vigo

ImageO mércores ao mediodía presentouse en Tomiño o “Plan de eficiencia enerxética no alumeado público”, posto en marcha no ano 2008 e que continuará desenvolvéndose este ano ao longo do termo municipal.

No acto estiveron presentes a alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez, o concelleiro de Promoción Económica, Xaquín Villadangos e técnicos de FAIMEVI (Fundación Axencia Intermunicipal da Enerxía de Vigo), responsables da redacción do plan e asesoramento e apoio na aplicación do mesmo.

Segundo os datos aportados polo director da fundación, Bernardo Parajó, Tomiño é un dos concellos pioneiros e máis activos no tema da racionalización da enerxía, preocupado non só por ir facendo cousas senón tamén por facelo dun xeito sistemático e organizado.
 

Comentarios (3) | Ler máis...

 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 55 - 72 de 794