|
Autovía Tomiño
|
|
03 do 08 do 2010 |
- As interesadas deben pasar pola Casa do Concello ata o vindeiro 6 de setembro
O Concello de Tomiño abre o prazo de inscrición para participar no plan de inserción sociolaboral de mulleres “Clara”, subvencionado polo Instituto da Muller e o Fondo Social Europeo.
O plan, pioneiro no traballo pola igualdade de oportunidades, está dirixido a mulleres con dificultades especiais para a súa inserción social e laboral, que recibirán apoio individualizado e un itinerario personalizado de inserción.
O Plan Clara estruturarase en catro fases ou módulos, nos que se impartirán nocións sobre motivación, información e orientación, formación ocupacional e busca activa de emprego, tendo coma obxectivo final a inserción sociolaboral.
Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis... |
|
|
Tomiño
|
|
04 do 08 do 2010 |
|
Como estaba previsto, o día 1 de agosto, as 11 horas, no pavillón de Sobrada, acudiron mais de 200 veciñ@s, os ciclos de reunións informativas que se estan desenvolvendo por parte da Asociación polo Saneamento de Tomiño, en cada unha das parroquias que o solicitan.
Presentouse por parte da Asociación do Saneamento unha proxección, en donde se deu unha explicación dos seguintes apartados:
1. Presentación da Asociación.
2. Contaminación de augas subterraneas.
Comentarios (8) | Ler máis... |
|
|
Deportes Tomiño
|
|
03 do 08 do 2010 |
.Tomiño F.C. Femenino - O Condado
Durante o descanso actuará o grupo "Treboada do Baixo Miño".
Organiza:
Asociación Solidaria Galega co pobo Saharaui
Colabora:
Concellería de Sanidade e Benestar Social de Tomiño e Tomiño F.C. Femenino
Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis... |
|
|
Deportes Tomiño
|
|
03 do 08 do 2010 |
- No acto, que se desenvolveu no campo de Fútbol da Carballa, entregáronse medallas, diplomas e diversos agasallos a cada participante
 O III Campus de Fútbol de Verán organizado pola Concellaría de Deportes e Lecer do Concello de Tomiño e a Fundación Celta de Vigo finalizou o pasado sábado cun acto de clausura na que estiveron presentes, a parte dos cativos, familiares, autoridades, membros do Tomiño e Goián FC e numeroso público.
As 10 da mañá todos os participantes dábanse cita no campo de fútbol da carballa, onde os diferentes equipos que se constituíron no desenvolvemento deste campus xogaron os partidos finais. A continuación membros da corporación e da directiva da Asociación Deportiva Tomiño Alevin e Infantil entregaron a cada participante medallas, diplomas e diversos agasallos.
Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis... |
|
|
Cultura Tomiño
|
|
02 do 08 do 2010 |
|
La Concejalía de Cultura, Educación y Participación Veciñal del Concello de Tomiño expresa su felicitación pública a todos los componentes de la Banda de Gaitas San Vicente de Barrantes y especialmente a su director, Hipólito Cabezas, por su primer puesto en la XX Liga Galega de Bandas de Gaitas, que tuvo lugar este fin de semana en Monte do Gozo, en Santiago de Compostela (31 de julio y 1 de agosto).
La Banda tomiñesa participó este año dentro del segundo grado, con 11 bandas más, obteniendo el primer puesto en la clasificación general.
San Vicente de Barrantes ha estado subiendo consecutivamente de categoría en los últimos años, situándose, tras éste nuevo éxito, que supone el ascenso a primer grado, entre las 12 mejores bandas de Galicia, de las que compiten dentro de la Liga Galega organizada por la Federación Gallega de Bandas de Gaitas.
Comentarios (12) | Ler máis... |
|
|
Deportes Tomiño
|
|
02 do 08 do 2010 |
|
Este domingo tivo lugar en Caldelas de Tui a 6ª competición de promoción de Slalom organizada pola Federación Galega de Piragüismo e o Club Piragüismo Penedo. Participaron seis clubs de toda Galicia nas categorías benxamín, alevin e infantil.
A xeira na que participaron os máis pequenos dos clubs galegos desenrolouse ao longo de toda a mañá con dúas mangas en cada categoría. Cabe destacar deste deporte a boa relación entre os nenos e nenas de diferentes equipos, que chegan a animarse uns a outros, e os lazos de amizade que ao longo das diferentes competicións se van establecendo entre eles.
Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis... |
|
|
Cultura Tomiño
|
|
30 do 07 do 2010 |
- A actividade está organizada pola Concellería de Cultura, Educación e Participación Veciñal en colaboración con Caixanova.
O vindeiro martes 3 de agosto comeza o cine de verán do Concello de Tomiño. Todos os martes do mes, ás 22.30h na Praza do Seixo (en caso de choiva na Casa da Cultura), proxectaranse diferentes películas na que teñen cabida todos os públicos.
Este ciclo de cine está organizado pola Concellería de Cultura, Educación e Participación Veciñal e Caixanova xunto coa colaboración da Asociación de empresarios e comerciantes de Tomiño (ADETO).
Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis... |
|
|
Cultura Tomiño
|
|
30 do 07 do 2010 |
|
O FESTIVAL TERÁ LUGAR O VENRES 30 DE XULLO A PARTIR DAS 21:30 H
ACTUARÁN OS SEGUINTES GRUPOS:
* GRUPO FOLCLÓRICO “O MOSTERIO DE PEXEGUEIRO”.
* GRUPO FOLCLORICO “ XUNTANZA DE RANDUFE”.
* GRUPO XUVENIL INQUEDANZAS DE PAZOS DE REIS”.
* GRUPO “AXOUXERES DE SOBRADA”.
* GRUPO DE PANDEIRETEIRAS “CACHARELA DE TABORDA”.
Comentarios (1) | Ler máis... |
|
|
Tomiño
|
|
29 do 07 do 2010 |
|
O Goberno Municipal do Concello de Tomiño fai un chamamento a veciños e visitantes para extremar as precaucións diante da situación de risco de incendio que se está a sufrir. Segundo informa o Concelleiro de Medio Ambiente, dende a Xunta teñen rexistrados 12 incendios dende o día 6 de xullo, inda que a maioría deles teñen acontecido en coincidencia cos días de altas temperaturas. Así, dende o día 23 foron rexistrados 9 incendios que, afortunadamente, non tiveron mais trascendencia pola rápida actuación dos servizos de extinción.
Comentarios (1) | Ler máis... |
|
|
Deportes Tomiño
|
|
29 do 07 do 2010 |
- Estes dous ex-xogadores do RC Celta xogaron ao futbol e conversaron cos nenos e nenas participantes
Os ex-xogadores do RC Celta de Vigo, Vlado Gudelj e Milorad Ratkovic visitaron o IIIº Campus de Futbol que se leva desenvolvendo desde o 19 de xullo nos Campos do Regatiño en Goián e o da Carballa en Tomiño.
Os nenos e nenas participantes tiveron a magnífica ocasión de xogar ao futbol e conversar con estes dous ex-xogadores dos que aprenderon, ademais dalgunhas técnicas futbolistícas, outros valores importantes como a necesidade do esforzo, da humildade e do traballo en equipo
Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis... |
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 37 - 54 de 723 |