|
24 do 06 do 2010 |
- Este sábado, 26 de xuño, terá lugar a V Sardiñada Popular 2010 no eido da festa, en Vilachán.
- A sardiñada está organizada pola Asociación de Veciños O Arbol.
 Xunto coas sardiñas inclúese churrasco e criollos, con prato e taza conmemorativos para levar e pan de millo e trigo. O viño e a auga son gratis O número de invitacións é limitado, podéndose mercar por adiantado na sede da asociación, en horario de tarde, ou a calquera membro da directiva.No día da festa estarán dispoñibles á venta as invitacións que queden sen vender por adiantado. Este ano os socios teñen un desconto no precio da invitación.
A amenización da velada correrá a cargo do grupo H2O, moi coñecido na zona por amenizar bodas nun restaurante moi coñecido en Tomiño. Con eles a festa está garantida ata altas horas.
Tamén haberá unha cantina na que se poderán mercar refrescos, café, chupitos a precios populares.
A Asociación de Veciños "O Árbol" de Vilachán conta para este evento coa colaboración da Concellería de Cultura e Participación Veciñal de Tomiño. Invitamos a todos a que asistan con nos a esta velada. Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis... |
|
|
26 do 12 do 2009 |
|
O pasado 23 de decembro tivo lugar na sede da Asociación de Veciños "O Árbol" de Vilachán o sorteo da cesta de nadal de este ano. Ante numeroso público introducíronse os resguardos dos boletos nunca caixa e procedeuse a buscar unha man inocente que estraese o número gañador. Ante a falta de nenos nese momento a persoa elexida para sacar o número foi a Hermelinda.
O número premiado foi o 000133. Ese número foi vendido na tenda do Fonso a algún dos seus clientes. Este ano a cesta foi a parar a unha familia de Vilar, clientes habituales do Fonso que recolleron a cesta con gran alegría. Enhoraboa.
Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis... |
|
|
05 do 11 do 2009 |
O vindeiro 16 de novembro comeza na sede da Asociación de Veciños "O Árbol" o curso de Fruticultura. O curso ten un número de prazas limitadas e é gratuito polo que os interesados deben apuntarse canto antes para garantir a disponibilidade dunha praza.
Lugar de impartición: Locais da Asociación de Veciños O ARBOL. Vilachán. Tomiño
Datas : 16,19,23 24 y 26 de novembro clases teóricas de 19 a 21:30 h.
21 y 28 clases prácticas de poda de 10 a 14 h.
30 excursión a unha explotación agraria
O temario incluye, entre outros temas, os siguentes:
Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis... |
|
|
18 do 09 do 2009 |
|
Están dispoñibles na galería as fotos do I Encontro do Pobo organizado pola Asociación de Veciños "O Arbol" o pasado domingo 6 de setembro.
A motivación deste acto era sinxela. Pretendíase xuntar a todo aquel que lle apetecese pasar unha tarde agradable en familia ca compañía dos seus veciños, tendo unha atención especial para os máis maiores do pobo.
O resultado foi moi satisfactorio e de seguro repetiremos o ano que ven. Tentaremos desarroiar máis a idea e incluso poderíamos facer máis dun encontro ao largo do verán. Os asistentes pasaron a tarde debaixo do "arbol" xogando as cartas, dominó, xogos de mesa e cantando cancións do folclore popular. A ocasión tamén foi propicia para que algúns novos veciños se desen a coñecer e coñecesen aos seus veciños. .En xeral foi un día no que abundaron boas costumes e detalles que co estilo de vida moderno estanse a perder e é unha auténtica bágoa.
Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis... |
|
|
11 do 09 do 2009 |
Con motivo das Festas do Alivio comezamos unha nova exposición de fotos antigas. Nesta ocasión trátase de fotos da saída das roscas das maiordomas de Vilachán e das festas do Alivio.
As fotos foron cedidas por Antonia Cianciulli, esposa de Víctor Pereira, veciño de Vilachán.
Ver as fotos antigas da Festa do Alivio. Comentarios (2) | Ler máis... |
|
|
16 do 06 do 2009 |
 Xa están á venda as invitación para a IV Sardiñada Popular de Vilachán organizada pola Asociación de Veciños "O Arbol" . Como todos os anos coinciridá nun sábado , concretamente o 27 de xuño, e comezará das oito da tarde en diante.
A comida inclue sarniñas asadas, churrasco e criollo. Tamén se entrega pan de millo e trigo e os asistentes levarán o prato e a taza conmemorativos do evento. A auga e o viño son grátis,e como os outros anos haberá unha cantina para calquer outro tipo de bebida ou para tomar café.
Como facemos todos os anos, as invitacións véndense por adiantado. Pódense mercar a calquera membro da directiva da Asociación de Veciños "O Arbol", na tenda do Fonso ou na biblioteca de Vilachán en horario de tarde os luns, mércores e venres. Normalmente apenas quedan unhas poucas invitacións dispoñible no día da sardiñada e agótanse rápido, polo que recomendamos a todos os que teñan pensado asistir que a merquen con antelación.
A velada vai ser amenizada polo Trio Bahía. Esperamos que os que asistan o pasen tan ben como o ano pasado onde todos bailamos ata altas horas da noite.
Fotos da Sardiñada Popular de Vilachán 2008.
Comentarios (1) | Ler máis... |
|
|
30 do 10 do 2008 |
O domingo actuou na capela de Sanomedio a coral infantil Notas de Papel, coral formada por nenos e nenas do colexio de Barrantes.
Deleitáronnos cas súas voces e cun espectáculo moi orixinal e variado no que os nenos tiveron tamén que actuar e facer algunhas coreografías.
Están dispoñibles na galería as fotos da actuación da coral Notas de Papel.
Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis... |
|
|
23 do 10 do 2008 |
|
Hoxe dia 23 as 19:30 horas comenza,no local da Asociación de veciños O ARBOL de Vilachán o Curso de aproveitamento dos Recursos naturais. Este curso é organizado pola Consellería de Medio Rural. O curso constará dunha parte onde se enseñará a envasar productos da horta, outra parte onde enseñarán a reconocer e recoller setas e unha parte relacionada coa apicultura.
O curso vai ser impartido polos seguintes profesores:
Don José Lorenzo, Inxeñeiro Industrial, asesor da empresa A Rosaleira do Rosal. Empresa adicada ao envasado de productos do campo. Precisamente sobre o envasado dos nosos productos versará o curso que nos imparta. Completarase con unha visita á fábrica da Rosaleira.
Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis... |
|
|
02 do 09 do 2008 |
|
Xa están dispoñibles na galería as fotos da Excursión da Asociación de Veciños O Árbol 2008. Este ano a excursión levounos a terras de Ourense, para visitar os Monasterios de San Clodio, en Leiro, e o Monasterio de Oseira. Despois de xantar pasamos a tarde en Ribadavia disfrutando da Festa da Istoria. Nesta ocasión non se puideron facer moitas fotos, xa que en Oseira non estaba permitido facer fotos no interior, unha auténtica lástima porque é bastante espectacular. En Ribadavia apenas hai fotos tamén porque coa cantidad de xente e o balbordo que había era difícil sacar fotos. Ainda así algunha engadimos.
Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis... |
|
|
26 do 08 do 2008 |
 A Asociación de Veciños O Árbol organiza a sua excursión cultural. como xa é costume tódolos anos. Nesta ocasión colabora con nos a Concellalía de Cultura e Participación Veci ñal do Concello de Tomiño. O percorrido da excursión incluirá os monasterios orensanos de San Clodio en Leiro o de Oseira. Despois da comida pasarase a tarde na festa da Istoria de Ribadavia. Non te perdas esta oportunidade.
A excursión sairá este SABADO 30 de AGOSTO de Vilachán as 8:30 horas. Haberá unha parada para descansar e para tomar un café. A excursión inclue a comida nun restaurante en Carballino para que os participantes tomen forzas para pasar a tarde na festa da Istoria.
Os socios terán un importante desconto no precio da excursión. Para máis información e reservar a tua praza pásate pola sede da asociación. Podes informarte por teléfono nos números 671679091, 986622328, 637764913. APÚNTATE XA. ÚLTIMAS PRAZAS.
Monasterio de San Clodio:
O Monasterio de Santa María de San Clodio de Leiro ubícase na metade de camiño entre Ribadavia e Carballino, xunto o rio Avia, no corazón da comarca do Ribeiro.
Video do Monasterio de San Clodio
Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis... |
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 1 - 14 de 21 |