| Solicitada no Parlamento a creación dun indicativo de calidade para a pesca do Miño |
|
|
| 09 do 03 do 2010 | ||||||
|
A deputada socialista e portavoz de Medio Ambiente, Carmen Gallego, ven de presentar para a súa tramitación parlamentaria unha proposición no de lei na que se insta a creación dun distintivo de calidade para o meixón, lamprea e sábalo do río Miño. Na súa argumentación Carmen Gallego sinala que mais de 250 pescadores traballan hoxe no río, de xeito que a actividade económica xerada contribúe a paliar o paro na Comarca. A pesar da calidade recoñecida do produto desta pesca, ata agora non hai ningún recoñecemento oficial de mesma. A creación dun distintivo de calidade contribuiría sen dúbida á mellor comercialización e control desta pesca.
Carmen Gallego tamén presentou outra proposición para desenvolver a potencialidade económica do río, instando a elaboración conxunta con pescadores, concellos e axentes económicos da zona dun programa de actividades vinculadas a pesca como actividades de pesca-turismo, promoción gastronómica da zona ou a divulgación do valores ambientais e de biodiversidade do río a través dos pescadores que son os que mellor o coñecen. Para poder garantir a sostibilidade destas actuación é necesario ten un coñecemento que permita corrixir, conservar e planificar. Por este motivo tamén se solicitou no parlamento a realización dun estudio científico rigoroso, coa participación de equipos multidisciplinares, no que se solicite a colaboración doutras Administracións incluídas as autoridades portuguesas e dos propios pescadores do Miño, a fin de determinar a situación actual do río e planificar actuación futuras que permitan preservar os seus ecosistemas, a súa biodiversidade e a actividade tradicional da pesca.
Escribir Comentario
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
||||||
| < Ant. | Seg. > |
|---|






