| Campo a Través escolar na Guarda coa participación de catro colexios de Tomiño |
|
|
| 25 do 11 do 2009 | ||||||
O vindeiro sábado, 28 de novembro, celebrarase en Salcidos, no recinto do Camping Santa Tecla de A Guarda, a proba zonal de campo a través que promove a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia a través do Servizo Provincial de Deportes.
Esta proba zonal abarca o territorio do Sur da provincia de Pontevedra, e están convocados escolares de centros e clubes dos concellos que cubren a franxa dende A Cañiza ata A Guarda, pasando por Ponteareas, Tui, O Porriño, Mos, etc. Agárdase a participación de arredor de 700 nenos e nenas de idades comprendidas entre os 7 e os 14 anos. Esta proba está organizada pola Agrupación Deportiva Baixo Miño, en colaboración coa Concellería de Deportes do Concello de A Guarda. A partir das 10:30 horas celebraranse as distintas carreiras, divididas nas categorías de Benxamíns, Alevíns, Infantís e Cadetes, cun percorrido que discurre íntegramente dentro do camping. Os trazados e demáis detalles da proba pódense consultar na páxina web da Agrupación: www.agrudebam.es. Dende a Agrupación Deportiva Baixo Miño e o Concello de A Guarda queremos convidar a tódolos afeccionados ao atletismo nunha comarca que xa deu grandes figuras a asistir e animar nesta xornada na que ademáis de correr, os pequenos atletas poderán disfrutar de xogos e convivir nunha xornada con vocación de festa do deporte.
Escribir Comentario
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
||||||
| < Ant. | Seg. > |
|---|






