O Tempo en Tomiño
El Tiempo en Tomino - Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Últimos comentarios
La alcaldesa de Tomi...
para yaya
Como eres tan inocente que metes a todo el que no es d...
Máis...
Por santi

La alcaldesa de Tomi...
iso pinta ben
Po lo cabreados que estan os do P.P., e da maneira que ...
Máis...
Por ya, ya,....

La alcaldesa de Tomi...
sabela
Canto tenpo levas sin salir da casa ,sin oir a radio si...
Máis...
Por julito

La alcaldesa de Tomi...
Parabens
Enhoraboa Sandra, Uxio, Xaquín e Fran eu creo que o fix...
Máis...
Por Sabela

¿Quién está en línea?
Temos 68 convidados conectados
Tomiño pon en marcha un proxecto experimental para prevenir conductas negativas nos estudiantes Imprimir Correo-e
09 do 03 do 2010
A área de Benestar Social supervisa a experiencia coa colaboración do profesorado e alumnado do IES
    
ImageA Concellaría de Benestar Social do Concello de Tomiño, que dirixe o centrista Pablo Baquero, está a por en marcha un proxecto de caracter experimental coa finalidade de previr condutas negativas nos estudantes da Ensinanza Secundaria Obrigatoria (ESO). Trátase da “Aula Excelente”, unha iniciativa innovadora na que os técnicos de Servizos Sociais contan coa colaboración do profesorado e alumnado do IES de Tomiño. 

Segundo explica Isabel Ayán, técnica educadora e pedagoga da concellaría, todas as aulas de ESO do instituto están acollidas a un concurso no que se reforzan as condutas positivas. Cada grupo parte cun total de cen puntos, que se van restando ou sumando segundo o comportamento do alumnado; por exemplo, réstanse puntos en caso de amonestacións escritas, expulsións, inasistencias e rendemento académico negativo da aula. O factor máis innovador da iniciativa sexa quizais que son os propios estudantes os que exerzan o control dos seus compañeiros dun xeito positivo, para que non sempre sexa o profesorado a figura de autoridade ante o alumno ou alumna.
 
Ao final do curso, elixirase unha clase ganadora por cada nivel educativo, que terá unha merecida recompensa, consistente nunha estancia de un día no Parque Acuático de A Coruña.

O concelleiro Pablo Baquero salientou o feito de que neste proxecto “non se personaliza a falta dun alumno senón que se trata de implicar a todo o conxunto pero dun xeito positivo e educativo”.

Na 1ª avaliación só se tivo en conta o rendemento académico pois o proxecto comezou en novembro, pero na 2ª e 3ª avaliación valoraranse todos os puntos que figuran nas bases do proxecto. 

ImagePor outra banda e dentro do mesmo programa, se está a organizar un concurso de carteis para poñer nas aulas que, baixo o mesmo lema, intenta implicar ao alumnado. O premio é 150 euros para gastar nalgún establecemento tomiñés.
    
Obradoiro de conduta

A Concellaría de Benestar Social do Concello de Tomiño leva traballando uns tres anos xa en colaboración co IES nun Obradoiro de Conduta, ao que son derivados os rapaces ou rapazas con problemas serios de comportamento. Estas persoas asisten polo xeral ao obradoiro mentres se atopan nun período de expulsión, co fin de axudarlles a asumir as consecuencias da súa forma de comportarse e mostrarlles outras alternativas, positivas e saudables, para o futuro.



Sexa o primeiro en comentar o artigo
RSS dos comentarios

Escribir Comentario
  • Por favor, manteña a temática do comentario en relación co tema do artígo.
  • Se contén linguaxe inapropiado será borrado.
  • Por favor, non empregue os comentarios para promocionar o seu sitio, ese tipo de mensaxes borrarase.
  • Ten que asegurarse de *Recargar* a páxina para amosar un novo código de seguridade antes de cliquear 'Enviar', no caso de que metese un código incorrecto.
Nome:
Título:
Comentario:



Código:* Code

Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6
AkoComment © Copyright 2004 by Arthur Konze - www.mamboportal.com
All right reserved

 
< Ant.