| «Parrillada» no centro de saúde |
|
|
| 30 do 06 do 2009 | ||||||
Tanto CC.OO como a CIG levan xa unha semana denunciando a situación que se sofre no centro pola carencia dun sistema de refrixeración, con temperaturas de ata 41 graos. Falouse de efecto sauna, invernadoiro e agora a CIG eleva xa as consecuencias deste fenómeno a «parillada humana no centro de saúde de Tomiño». Os dous sindicatos respladan a concentración que se realizará ás 11.30 horas fronte ás instalacións para demandar unha solución inmediata. Sergas anunciou a colocación de paneis térmicos que regularán a temperatura e estores na planta superior. Pero o tempo volve xogar en contra do persoal e os usuarios. Esta vez porque as obras non se poderán realizar ata o día nove, polo que os sindicatos apelan a unha medida transitoria que axude a paliar os efectos da onda de calor nas instalacións. Entre as súas reclamacións, que se implante ata que se solucione definitivamente unha carencia que xa se cobrou as súas primeiras vítimas fai tres anos cando obreiros que construían o centro sufriron desmaios, a quenda única de mañá. «Hai consultas suficientes para centralizar o servizo», xustifican. FONTE: lavozdegalicia
Escribir Comentario
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
||||||
| < Ant. | Seg. > |
|---|






