| O centro de recursos de Tomiño dará servizo a preto de 3.000 discapacitados |
|
|
| 26 do 06 do 2009 | ||||||
|
«Non hai ningún tipo de servizos para persoas con discapacidade física desde que finalizan a etapa escolar ata que chegan á terceira idade». é a realidade coa que conviven a diario, explica o presidente da asociación Vontade, Miguel Pazo, o 7,6 por cento dos 100.000 habitantes que conforman os municipios do Baixo Miño, Baiona, Gondomar, O Porriño e Salceda.
Preto de 8.000 persoas desta área sofren algún tipo de discapacidade, ben sexa psíquica, física ou sensorial. Vontade é a promotora agora do primeiro centro de recursos para persoas con discapacidade física e sensorial, que dará cobertura ao 38,6% do total de poboación con estas características nos nove municipios. O centro, avanzou Miguel Pazo atenderá a 2.972 usuarios, cifra que se corresponde coa de persoas en idade laboral desta área que padecen algunha discapacidade física ou sensorial.
Os beneficiarios poderanse acoller, segundo as súas circunstancias e necesidades, ao servizo que lle corresponda dos tres que contempla o proxecto que se presentou esta semana á asemblea. Un centro de día para os usuarios de 16 a 24 anos cunha discapacidade superior ao 75 por cento e con axuda de terceiras persoas, outro ocupacional para os que estean en idade laboral e teñan unha discapacidade de máis do 65 e un terceiro pre laboral ao que se poderán sumar os que teñan entre un 33 e un 64 por cento. Instalacións O centro estará a pleno rendemento, segundo os prazos que baralla a entidade, no 2012 aínda que antes poderán ir abrindo os servizos que se vaian ultimando. De feito o organigrama prevé comezar as obras este mesmo ano. Fundosa, a división empresarial creada pola ONCE co obxectivo de xerar emprego para persoas con discapacidade, foi a primeira en confirmar un apoio económico ata finalizar a obra que lles abre as portas ademais ao 0,7% previsto de Fondos do Estado. Para este ano, hai un investimento previsto de 647.224,30 euros.
Escribir Comentario
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
||||||
| < Ant. | Seg. > |
|---|






