| O Sergas pechará polas tardes o centro de saúde de Tomiño para combater o calor |
|
|
| 03 do 07 do 2009 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Xa hai prognóstico para o cadro por tensión térmica xeneralizado que padecen o persoal e os usuarios do centro de saúde de Tomiño pola falta de refrixeración e o efecto invernadoiro que provoca a cristaleira que copa a súa fachada. A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, avanzaba onte ao mediodía en Vigo que xa se empezou a traballar cos profesionais para concentrar nas mañás toda a actividade, algo que reclamara o propio persoal do ambulatorio. Pola tarde, o seu departamento confirmou que se tomará esa medida e que xa se está estudando como axustar as axendas para eliminar a actividade da tarde.
Trátase dunha medida que viñan reivindicando tamén os sindicatos e os usuarios, que esta semana se concentraron para reclamar que se autorizase o cambio temporal, argumentando que «hai consultas suficientes para centralizar o servizo de mañá e moitos usuarios xa se negaban a acudir de tarde». CC.?OO. chegou ata a presentar unha denuncia ante a Inspección de Traballo contra o Sergas «por malestar e posible tensión térmica». A propia conselleira de Sanidade explicou onte que, «primando o deseño [do centro de saúde], non se tiveron en conta os problemas de climatización que ía haber no verán». Tanto é así que o problema non é só que non exista ningún sistema de refrixeración, senón que a cristaleira absorbe toda a radiación solar, multiplícaa e durante as últimas dúas semanas disparou o mercurio ata os 41 graos. A conselleira recordou que este é o primeiro verán de actividade para as instalacións, que entraron en servizo en setembro pasado. Pero o efecto sauna do proxecto xa se notou no verán do 2007, cando un dos obreiros que traballaba na súa construción sufriu unha lipotimia. Pilar Farjas manifestou que, «como medida máis inmediata, xa se colocaron estores e uns ''pingüíns'', equipos de refrixeración con capacidade moi pequena». Igualmente, ratificou o avance que realizou o Sergas a semana pasada respecto da próxima colocación de filtros solares en todas as cristaleiras que permitan regular a temperatura. O seu departamento non confirmou cando se pechará o servizo de tarde, pero algunhas fontes indican que esta medida transitoria aplicarase a partir da semana que vén, posiblemente desde o martes. Os profesionais apláudeno Este anuncio supuxo un gran respiro para o persoal e os pacientes que onte pola tarde estaban no centro de saúde de Tomiño. E iso que a de onte era unha das xornadas máis levadías porque, ás sete da tarde, só rexistrábanse 30 graos no interior. Unha temperatura que, segundo os sindicatos e as clases que recibiron membros do persoal no curso de prevención de riscos laborais de fai un mes, supera os 27 de máxima que establece a lei. No ambulatorio de Tomiño hai días que se alcanza ese límite xa ás sete da mañá. Os efectos deixáronse sentir entre persoal e pacientes. Médicos e enfermeiros confirman que sufriron «dores de cabeza, esgotamento físico, mental e algún mareo». Entre os usuarios rexistráronse varias lipotimias. O exceso de luminosidade dificulta, ademais, as exploracións físicas, especialmente en pediatría. Por iso é polo que algunha usuaria optase por irse, porque se sentía peor», a pesar de que chegou con dores e febre por unha infección de ouriños, do mesmo xeito que outra moza que acudiu por unha hemicrania. «é como un forno. Houbo un día que me asomei á fiestra porque me quedaba como sen vida», asegurou outra paciente, operada do corazón fai uns meses.
Escribir Comentario
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| < Ant. | Seg. > |
|---|






