- O portavoz municipal, César Pérez Ares, considera que o Centro de Saúde, que leva funcionando seis meses, é unha obra que se fixo “tarde e mal” ca complacencia e complicidade da Alcaldesa e do concelleiro de Sanidade.
O portavoz do Grupo municipal popular así como a vocal de Sanidade, Lidia Fernández, consideran que o tempo ven a otorgarlles a razón cando denunciaban no Parlamento e no Pleno do Concello as “graves carencias” que o novo Centro de Saúde presentaba, entre elas, a falta de aire acondicionado.
Para este Grupo municipal é inaceptable que esto esté acontecendo nun Centro de tan recente creación calificado pola Conselleira de Sanidade do anterior Goberno da Xunta, Mª José Rubio de “deseñado para o futuro”.
Un Centro que sufriu moitas demoras, –tardou catro anos en construirse- retrasos que a señora Alcaldesa trataba de xustificar argumentando modificacións do proxecto inicial que introducían importantes melloras. O tempo “bota por terra” aqueles argumentos e demostra que era un engano máis.
O portavoz popular considera que a Alcaldesa, Sandra González e o Concelleiro de Sanidade, Pablo Baquero son responsables deste despropósito. Como o Concelleiro admite en nota de prensa, tíñase coñecemento desta carencia –aínda que non se denunciou- pero, a pesar de todo, permítese que o Centro de Saúde sexa inaugurado pensando máis en razóns de tipo político –estaban próximas as eleccións autonómicas- que en evitar os graves e previsibles trastrornos que esta situación iba a ocasionar a pacientes e persoal sanitario. Acordarse de “Sta. Bárbara cando trona” parece ser a máxima pola que se rixe a actuación deste goberno.
Este Grupo municipal levará unha moción ó Pleno para solicitar ó SERGAS a instalación de aire acondicioando e o mesmo tempo a reprobación da anterior Conselleira de Sanidade.
Asemade, o portavoz popular manterá una entrevista nos vindeiros días co Delegado Territorial da Xunta de Galicia para expoñerlle, entre outros temas, a actual situación do Centro sanitario.
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 AkoComment © Copyright 2004 by Arthur Konze - www.mamboportal.com All right reserved |