| Igualdade entrega os premios do concurso de redacción sobre a muller traballadora en Tomiño |
|
|
| 10 do 03 do 2010 | ||||||
A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, xefa da Oficina de Igualdade do Concello, fixo entrega o pasado luns dos premios do concurso de redacción sobre a muller traballadora convocado pola oficina entre os alumnos e alumnas de 6º curso de Primaria. Nun acto celebrado no Salón de Plenos o pasado luns pola tarde, a rexedora municipal felicitou a cada un dos gañadores e gañadoras salientando os seus traballos e agradecendo a súa vontade de participar na convocatoria. Os tres alumnos premiados foron, por esta orde, Sabela Sobrino de Santiago (1º premio valorado en 100 euros), do CEIP Pintor Antonio Fernández, de Goián); Roi Serra Martínez (2º premio valorado en 75 euros) e Lorena Álvarez Rodríguez (3º premio valorado en 50 euros), ambos do CEIP de Tebra. Os tres galardoados destacaron nas súas composicións, que concursaron xunto a unha trintena de traballos, o papel da muller na sociedade desde diferentes puntos de vista e coincidindo na importancia de valorar máis o traballo que esta desempeña dentro e fora da casa. ![]() A alcaldesa de Tomiño salientou na súa intervención que a idea de implicar ao alumnado de Primaria respondeu á intención de facer visible o papel da muller desde idades temperás, así como transmitir a importancia do traballo remunerado ou non da muller na nosa sociedade. Os textos completos dos traballos premiados poden consultarse na páxina web do Concello de Tomiño (www.concellotomino.com).
Escribir Comentario
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
||||||
| < Ant. | Seg. > |
|---|






A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, xefa da Oficina de Igualdade do Concello, fixo entrega o pasado luns dos premios do concurso de redacción sobre a muller traballadora convocado pola oficina entre os alumnos e alumnas de 6º curso de Primaria. 
