O Tempo en Tomiño
El Tiempo en Tomino - Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Últimos comentarios
Unha unidade móbil d...
asombrado
He ido hoy 10/2/2010 a hablar conesta gente, y me han c...
Máis...
Por Un de Barrantes

Tráxico falecemento ...
David con tu marcha has dejado muchas lágrimas, desde d...
Máis...
Por es lo de menos

Deputados socialista...
medio ambiente
a haber si e verdade que por fin chegen dunha vez estas...
Máis...
Por unha veciña

Tráxico falecemento ...
nunca te olvidaremos
David siempre estaba de buen humor con todos era amigo ...
Máis...
Por Tamara Pérez Vilamean

¿Quién está en línea?
Temos 15 convidados conectados
A alcaldesa de Tomiño solicita á Deputación varias melloras en obras e estradas da sua competencia Imprimir Correo-e
30 do 06 do 2009
  • O saneamento para as beirarrúas realizadas entre O Cotro e O Seixo, e limpeza e asfaltado de varias estradas, foron temas da reunión mantida hai uns días con Rafael Louzán
ImageA alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez, acompañada polo concelleiro de Acción Rural, Franscisco Campo Lago, reuniuse en Pontevedra, co presidente da Deputación Provincial, Rafael Louzán, co fin de solicitarlle diversas melloras en obras e estradas de competencia desa entidade provincial.

Durante a reunión, a alcaldesa solicitou o enganche ata o colector xeral, dende a zona das beirarrúas construídas pola Deputación entre O Cotro e O Seixo, de modo que os veciños/as desta zona, poidan contar co servizo de saneamento. Con este fin, a rexedora local aportou un proxecto xa redactado polo Concello, segundo o cal o custe do enganche ao colector ascendería a 170.000 euros.
 
Co respecto a esta mesma obra, solicitouse que a Deputación se faga cargo dos gastos ocasionados polo derrube dunha casa e muros de contención necesarios para a consecución das devanditas beirarrúas. Esta intervención,  non prevista no proxecto, foi asumida inicialmente polo Concello, polo que agora se pediu que a Deputación asumira o custe.

Pola súa banda, o concelleiro de Acción Rural, solicitou melloras varias nas estradas de competencia da Deputación, consistentes basicamente, en limpeza das marxes, pintura e sinalización.

Francisco Campo aproveitou tamén para lembrarlle ao presidente do organismo provincial o estado das obras iniciadas pola Deputación en Vilachán do Monte e Barrantes, co fin de construír unha circunvalación.
 
 



Comentarios (4)
RSS dos comentarios
1. Escrito por Carretera a vilachán o 30-06-2009 11:29
 
 
Rompecoches
A ver se alguén se acorda da carretera a Vilachán de Tomiñó, no do monte, que da pena!!!
 
2. Escrito por de salgosa o 30-06-2009 20:42
 
 
que morro
Hai que ter morro, as carreteras de Vilachán de Tomiño as estragaron os directivos da comunidade de augas de Vilachán, que fan o que lle da a gana sen preguntar a ninguén, e despois piden o concello que o arranxe.
 
3. Escrito por Carretera a vilachán o 30-06-2009 22:29
 
 
Arranxala xa
O que importa e que se arranxe, e logo que lle pidan contas a quen a destrozou, pero para os usuarios o primeiro e arranxala.
 
4. Escrito por de Sanomedio o 02-07-2009 09:12
 
 
para o morro "de Salgosa"
Para “de Salgosa” , que sexamos de Tomiño non quere decir que sexamos pueblerinos e facenos creer con demagoxia fácil, a bulto, de maneira xeneralizada sobre todo cando se fala a lixeira de veciños que non pertenecen como comunidade a ningún grupo político, que lles tocou en prenda e con poucos medios económicos levar a diante as necesidades do Barrio a expensas claro está de sufrir difamacions de calquera que queira tirar a pedra e esconder a man, como é este medio que se asemella a a unha gran pizarra con tiza na obscuridade na que se pode sentir forte na cobardía de saberse que no lle van a ver a cara, e facernos creer que todo o mal que hay nas carreteiras de Vilachan sexa por culpa dos comuneiros que levan a cabo o traballo marcado pola necesidade. 
Cando nos toque participar tanto a “de Salgosa” como a min ou calquera intentaremos facer as cousas mellor do que poidamos, eu como veciño de tantos tamen sei que hay beiraruas ampliadas grazas a estas obras, e sobretodo que un colectivo de veciños van a ter un servicio que antes, incluso en épocas de inverno estaba muy limitado en canto a presión e caudal de auga. 
Sendo catro veciños como somos é facil dar con eles e preguntar que están facendo, como e porqué,cousa que po la miña banda no seu día no tiven ningunha pega, cousa que eu fixen e que me deron toda clase de detalles, o tema e preguntar primeiro, e falar . Tamen é de sentido común que unha  
vez acabadas as reformas que se están a facer se pasará a encher de piche ou hormigonar o que corresponda e correxir, para evitar o gasto duas veces. Tamben sinto que o “BMW” cando pasa por certas partes da carreteira bota,pero bueno, valdrá a pena esperar polo ben de todos(ou levar o vehiculo a Marbella)
 

Escribir Comentario
  • Por favor, manteña a temática do comentario en relación co tema do artígo.
  • Se contén linguaxe inapropiado será borrado.
  • Por favor, non empregue os comentarios para promocionar o seu sitio, ese tipo de mensaxes borrarase.
  • Ten que asegurarse de *Recargar* a páxina para amosar un novo código de seguridade antes de cliquear 'Enviar', no caso de que metese un código incorrecto.
Nome:
Título:
Comentario:



Código:* Code

Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6
AkoComment © Copyright 2004 by Arthur Konze - www.mamboportal.com
All right reserved

 
< Ant.   Seg. >