O Tempo en Tomiño
El Tiempo en Tomino - Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Últimos comentarios
Unha unidade móbil d...
asombrado
He ido hoy 10/2/2010 a hablar conesta gente, y me han c...
Máis...
Por Un de Barrantes

Tráxico falecemento ...
David con tu marcha has dejado muchas lágrimas, desde d...
Máis...
Por es lo de menos

Deputados socialista...
medio ambiente
a haber si e verdade que por fin chegen dunha vez estas...
Máis...
Por unha veciña

Tráxico falecemento ...
nunca te olvidaremos
David siempre estaba de buen humor con todos era amigo ...
Máis...
Por Tamara Pérez Vilamean

¿Quién está en línea?
Temos 9 convidados conectados
A II edición de Filminho contará co apoio dos Concellos de Tomiño e Vilanova de Cerveira Imprimir Correo-e
03 do 07 do 2009
  • A II edición de Filminho contará co apoio dos Concellos de Tomiño e Vilanova de Cerveira e varios organismos que colaboran
  • Na mañá de hoxe asinouse un protocolo de cooperación entre seis entidades, sendo unha delas a Dirección Xeral de Xuventude

ImageA segunda edición de Filminho “Festa do Cinema Galego e Portugués”, que se celebrará entre os días 15 e 19 de xullo, contará co apoio expreso de seis entidades, que esta mañá, asinaron en Goián o correspondente protocolo de cooperación. 

No acto estiveron presentes o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro Tato; a alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez; o vice presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Joao Fernando Nogueira, o delegado da Região Norte do Instituto Português da Juventude, Vítor Días, e os presidentes das dúas asociacións A Morraceira (organizadora do festival), Xurxo González Rodríguez e André Manuel Gonçalves Martins.
Antes da sinatura do protocolo, único nas súas características polo seu carácter transfronteirizo, os responsables das entidades colaboradoras explicaron a súa implicación nunha iniciativa cultural como o Filminho.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, felicitou aos organizadores do festival salientando a importancia de compartir un proxecto cultural no que “mozos e mozas de ambos países traballando xuntos é a imaxe que mellor expresa o espírito do evento”.
Image

O director xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro Tato, pola súa banda, amosouse impresionado polo interese dun proxecto destas características e lembrou a súa intención de apoiar e reforzar o compromiso de cooperación entre as dúas rexións. “Onde haxa un xoven disposto a emprender proxectos coma este, a Dirección Xeral terá a prioridade de apoialo”, explicou.

Tamén os representantes da Cámara Municipal de Vilanova de Cerveira e da Região Norte do Instituto Português da Juventude, coincidiron na vontade de impulsar iniciativas culturais e sociais coma a de Filminho, “que permiten afundar nas relacións de amizade entre as dúas rexións”.

Ambos cualificaron ao festival coma un desafío para os organizadores e lembraron o éxito acadado na primeira edición.
 
Image

Os organizadores, pola súa banda, agradeceron o apoio recibido, incidindo na necesidade de producir material oudiovisual da rexión que dea conta do que acontece nestes lugares. André Martíns, director de Filminho, salientou a relevancia dun evento cultural coma este, tamén na súa faceta social e humana.

Xurxo González pola súa parte, adiantou o esquema da programación deste ano, salientando as seccións competitivas; unha dedicada ao cinema miñoto e outra máis xeral, titulada Gran Premio Filminho. Entre ambas reunirán máis de cen filmes de creadores novos na súa meirande parte.

Outras seccións a destacar serán unha retrospectiva de Edgar Pera, cineasta portugués cun traballo experimental moi interesante, e os Clásicos Miñotos, nos que se presentará unha curta de Luís Galvao Telles, titulada “Entremés famoso sobre a pesca do río Miño”; unha cinta de 1974 recuperada especialmente para o festival.



Sexa o primeiro en comentar o artigo
RSS dos comentarios

Escribir Comentario
  • Por favor, manteña a temática do comentario en relación co tema do artígo.
  • Se contén linguaxe inapropiado será borrado.
  • Por favor, non empregue os comentarios para promocionar o seu sitio, ese tipo de mensaxes borrarase.
  • Ten que asegurarse de *Recargar* a páxina para amosar un novo código de seguridade antes de cliquear 'Enviar', no caso de que metese un código incorrecto.
Nome:
Título:
Comentario:



Código:* Code

Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6
AkoComment © Copyright 2004 by Arthur Konze - www.mamboportal.com
All right reserved

 
< Ant.   Seg. >