| Xa están á venda as invitacións da IV Sardiñada Popular de Vilachán que terá lugar o vindeiro día 27 |
|
|
| 16 do 06 do 2009 | ||||||||||||||||||
Xa están á venda as invitación para a IV Sardiñada Popular de Vilachán organizada pola Asociación de Veciños "O Arbol" . Como todos os anos coinciridá nun sábado , concretamente o 27 de xuño, e comezará das oito da tarde en diante. A comida inclue sarniñas asadas, churrasco e criollo. Tamén se entrega pan de millo e trigo e os asistentes levarán o prato e a taza conmemorativos do evento. A auga e o viño son grátis,e como os outros anos haberá unha cantina para calquer outro tipo de bebida ou para tomar café. Como facemos todos os anos, as invitacións véndense por adiantado. Pódense mercar a calquera membro da directiva da Asociación de Veciños "O Arbol", na tenda do Fonso ou na biblioteca de Vilachán en horario de tarde os luns, mércores e venres. Normalmente apenas quedan unhas poucas invitacións dispoñible no día da sardiñada e agótanse rápido, polo que recomendamos a todos os que teñan pensado asistir que a merquen con antelación. A velada vai ser amenizada polo Trio Bahía. Esperamos que os que asistan o pasen tan ben como o ano pasado onde todos bailamos ata altas horas da noite. Fotos da Sardiñada Popular de Vilachán 2008.
Escribir Comentario
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
||||||||||||||||||
| < Ant. |
|---|







