|
Están dispoñibles na galería as fotos do I Encontro do Pobo de Vilachán |
|
|
|
18 do 09 do 2009 |
|
Están dispoñibles na galería as fotos do I Encontro do Pobo organizado pola Asociación de Veciños "O Arbol" o pasado domingo 6 de setembro.
A motivación deste acto era sinxela. Pretendíase xuntar a todo aquel que lle apetecese pasar unha tarde agradable en familia ca compañía dos seus veciños, tendo unha atención especial para os máis maiores do pobo.
O resultado foi moi satisfactorio e de seguro repetiremos o ano que ven. Tentaremos desarroiar máis a idea e incluso poderíamos facer máis dun encontro ao largo do verán. Os asistentes pasaron a tarde debaixo do "arbol" xogando as cartas, dominó, xogos de mesa e cantando cancións do folclore popular. A ocasión tamén foi propicia para que algúns novos veciños se desen a coñecer e coñecesen aos seus veciños. .En xeral foi un día no que abundaron boas costumes e detalles que co estilo de vida moderno estanse a perder e é unha auténtica bágoa.
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 AkoComment © Copyright 2004 by Arthur Konze - www.mamboportal.com All right reserved |