|
Dispoñibles na galería as fotos da excursión deste ano |
|
|
|
02 do 09 do 2008 |
|
Xa están dispoñibles na galería as fotos da Excursión da Asociación de Veciños O Árbol 2008. Este ano a excursión levounos a terras de Ourense, para visitar os Monasterios de San Clodio, en Leiro, e o Monasterio de Oseira. Despois de xantar pasamos a tarde en Ribadavia disfrutando da Festa da Istoria. Nesta ocasión non se puideron facer moitas fotos, xa que en Oseira non estaba permitido facer fotos no interior, unha auténtica lástima porque é bastante espectacular. En Ribadavia apenas hai fotos tamén porque coa cantidad de xente e o balbordo que había era difícil sacar fotos. Ainda así algunha engadimos.
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 AkoComment © Copyright 2004 by Arthur Konze - www.mamboportal.com All right reserved |