|
Levantamento de actas previas á ocupación tramo I da VAC Tui a Guarda |
|
|
|
07 do 07 do 2009 |
|
O próximo día 20 comeza o levantamento de actas previas á ocupación por trámite de urxencia dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto do trazado da VAC Tui- A Guarda no treito I que vai de Tui a Tomiño.
O levantamento de actas comezará no Concello de Tui. En concreto os días 20, 21, 22 e 23 deste mes vaise realizar na Área Panorámica por orde alfabético dos propietarios que son citados pola mañá de 9.15 a 13.30h.
Continuarán logo os días 24, 27 e 28 de 9.15 a 13.30h na Casa de Cultura do Concello de Tomiño, sendo os propietarios tamén citados por orde alfabético.
A relación de titulares e bens e dereitos afectados está exposta nos concellos de Tui e de Tomiño e no Servizo de Infraestruturas do Departamento Territorial de Pontevedra.
FONTE: galiciasuroeste
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 AkoComment © Copyright 2004 by Arthur Konze - www.mamboportal.com All right reserved |