En vésperas de que se cumpran seis anos desde a primeira vez que se someteu a información pública o trazado da vía de alta capacidade do Baixo Miño e dúas desde de que expirase o prazo previsto para a súa posta en funcionamento sen que se construíu nin un só quilómetro do viario, a controvertida polémica sobre o seu trazado xudicialízase.
A plataforma pola vía de alta capacidade (Pacivac), que se constituíu en marzo do 2004, pouco despois de que comezase a fraguarse a infraestrutura, presentou no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia un contencioso contra a Xunta polo anuncio no que revogou a tramitación do trazado deseñado polo bipartito para o tramo entre Tomiño e Goián. No mesmo confirmábase a recuperación do trazado inicial, o que supuxo o primeiro levantamento social.
O presidente da entidade, Eloy Delgado Barbosa, confirmaba onte que o documento se presentou o xoves «contra a resolución da dirección xeral de infraestruturas do 24 de novembro mediante a que o executivo popular deixou sen efecto a revogación que o bipartito fixo á súa vez no seu día do trazado proposto polo PP para este tema e que agora este, de novo na Xunta, retoma».
Eloy Barbosa sinalou que o obxectivo é «que non se retome o trazado polo río, recorremos porque non nos deixan máis remedio e non entendemos que outras asociacións e administracións que tamén deberían facelo non o fagan». Pacivac, que no seu día, antes de que o bipartito presentase un trazado polo monte que levantou non menos rexeitamento, presentou máis de 3.000 alegacións ás alternativas do río ratifícase así na súa postura.
«Defendemos a nosa insignia, que é o río, é unha zona sensible, a conservar e ata a explotar, dun xeito sostido como fai Cerveira», sinalan. Para a entidade, o trazado que agora retoma a Xunta, aínda coa premisa de que se está a traballar nuns axustes para minorar ou impacto», é «facer un dique de ata 12 metros de altura, unha autovía sobre terra desde Forcadela ata Goián». Sobre a afección social, engaden, «240 casas que quedan na banda de afección». Barbosa recorda, por outra banda que «no 2004, gobernando o PP en Tomiño, rexeitouse en dous plenos e por unanimidade o trazado que agora queren retomar».
FONTE: lavozdegalicia