O Tempo en Tomiño
El Tiempo en Tomino - Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Últimos comentarios
La alcaldesa de Tomi...
para yaya
Como eres tan inocente que metes a todo el que no es d...
Máis...
Por santi

La alcaldesa de Tomi...
iso pinta ben
Po lo cabreados que estan os do P.P., e da maneira que ...
Máis...
Por ya, ya,....

La alcaldesa de Tomi...
sabela
Canto tenpo levas sin salir da casa ,sin oir a radio si...
Máis...
Por julito

La alcaldesa de Tomi...
Parabens
Enhoraboa Sandra, Uxio, Xaquín e Fran eu creo que o fix...
Máis...
Por Sabela

¿Quién está en línea?
Temos 88 convidados conectados
Tomiño acolle a I Xornada da Liga Galega de Horseball Imprimir Correo-e
17 do 02 do 2010
  • A actividade, novidosa na localidade, concentrou un bo número de público a pesar do frío
    
ImageO pasado sábado,13 de febreiro, celebrouse na parroquia tomiñesa de Pinzas, a I Xornada da Liga Galega de Horseball nun campo de xogo novo, grazas á  colaboración da Concellaría de Deportes e Lecer do Concello de Tomiño e da Comunidade de Montes de Pinzás.

É de destacar a gran acollida que tivo na localidade esta disciplina, xa que a pesar do frío reinante na xornada, asistiu un considerable número de público para ver as evolucións dos xogadores/as que forman parte do equipo “VIGO-PINZÁS HORSEBALL”, que no seu primeiro encontro venceu ao equipo da localidade coruñesa de Coristanco,  “BREOGÁN HORSEBALL”.
 
A liga de Horseball, un ano máis, estendeuse no territorio coa finalidade de dar a coñecer a todos os afeccionados á hípica as excelencias deste  deporte.

A  Federación Hípica Gallega e Vigo-Pinzás Horseball , desexan agradecer ao tenente de alcalde Jesús Castiñeira e ao concelleiro de Deportes, Fernando Álvarez , a súa colaboración xa que grazas ao seu apoio foi posible a celebración deste evento.

O concelleiro de Deportes e Lecer do Concello de Tomiño, pola súa banda, explicou que decidiron apoiar a competición por tratarse dun deporte novo na zona e que podería ampliar a oferta que se fai dende o Concello.

RESULTADO DO ENCONTRO:

VIGO PINZAS HORSEBALL – 6 ---- BREOGAN CORISTANCO - 2 



Sexa o primeiro en comentar o artigo
RSS dos comentarios

Escribir Comentario
  • Por favor, manteña a temática do comentario en relación co tema do artígo.
  • Se contén linguaxe inapropiado será borrado.
  • Por favor, non empregue os comentarios para promocionar o seu sitio, ese tipo de mensaxes borrarase.
  • Ten que asegurarse de *Recargar* a páxina para amosar un novo código de seguridade antes de cliquear 'Enviar', no caso de que metese un código incorrecto.
Nome:
Título:
Comentario:



Código:* Code

Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6
AkoComment © Copyright 2004 by Arthur Konze - www.mamboportal.com
All right reserved

 
< Ant.   Seg. >