O Tempo en Tomiño
El Tiempo en Tomino - Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Últimos comentarios
La alcaldesa de Tomi...
para yaya
Como eres tan inocente que metes a todo el que no es d...
Máis...
Por santi

La alcaldesa de Tomi...
iso pinta ben
Po lo cabreados que estan os do P.P., e da maneira que ...
Máis...
Por ya, ya,....

La alcaldesa de Tomi...
sabela
Canto tenpo levas sin salir da casa ,sin oir a radio si...
Máis...
Por julito

La alcaldesa de Tomi...
Parabens
Enhoraboa Sandra, Uxio, Xaquín e Fran eu creo que o fix...
Máis...
Por Sabela

¿Quién está en línea?
Temos 55 convidados conectados
O vindeiro día 30 xogaranse as rondas finais do I Torneo de Tenis de Mesa Concello de Tomiño Imprimir Correo-e
28 do 01 do 2010
Os organizadores prevén ofrecer antes da final unha exhibición entre xogadores do máximo nivel

O vindeiro día 30 de xaneiro no pavillón polideportivo de Tomiño, xogaranse as roldas finais do I Torneo de Tenis de Mesa Concello de Tomiño, a partir das 16:00 horas, finalizando o evento coa entrega de premios. Nesta xornada, os organizadores prevén ofrecer antes da final, unha exhibición entre os xogadores de máximo nivel pertencentes ao Club Tenis de Mesa AD Vincios.

O torneo comezou o sábado 23 de xaneiro, organizado pola Concellaría de Deportes e Lecer do Concello en colaboración coa Agrupación Deportiva Baixo Miño (AGRUDEBAM).

Na competición, que esgotou o número de prazas durante o prazo de inscrición, participan xogadores de diferentes concellos ademais de Tomiño, como Vigo, Nigrán, A Guarda e Gondomar.
 
Dáse a circunstancia de que varios dos xogadores están federados en equipos de tenis de mesa como o A.D Vincios ou o AVCD Lavadores T.M. "B". Ademais, algúns dos participantes atópanse en altas posicións no ranking do circuíto galego de tenis de mesa.

Os partidos son arbitrados por árbitros especializados neste deporte. Haberá premios para os tres primeiros clasificados ou clasificadas (trofeo máis 100, 80 e 60 euros, respectivamente) e o resto de participantes recibirán un agasallo.

O concelleiro de Deportes, Fernando Álvarez, explicou que este torneo se encadra no marco do traballo que vén desenvolvendo a concellaría coa finalidade de ampliar e diversificar a oferta deportiva do Concello. Nesta mesma liña, celebrouse hai unhas semanas o segundo torneo de tenis, no que participaron numerosas deportistas da localidade e zona de influenza.



Sexa o primeiro en comentar o artigo
RSS dos comentarios

Escribir Comentario
  • Por favor, manteña a temática do comentario en relación co tema do artígo.
  • Se contén linguaxe inapropiado será borrado.
  • Por favor, non empregue os comentarios para promocionar o seu sitio, ese tipo de mensaxes borrarase.
  • Ten que asegurarse de *Recargar* a páxina para amosar un novo código de seguridade antes de cliquear 'Enviar', no caso de que metese un código incorrecto.
Nome:
Título:
Comentario:



Código:* Code

Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6
AkoComment © Copyright 2004 by Arthur Konze - www.mamboportal.com
All right reserved

 
< Ant.   Seg. >