O Tempo en Tomiño
El Tiempo en Tomino - Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Últimos comentarios
La alcaldesa de Tomi...
para yaya
Como eres tan inocente que metes a todo el que no es d...
Máis...
Por santi

La alcaldesa de Tomi...
iso pinta ben
Po lo cabreados que estan os do P.P., e da maneira que ...
Máis...
Por ya, ya,....

La alcaldesa de Tomi...
sabela
Canto tenpo levas sin salir da casa ,sin oir a radio si...
Máis...
Por julito

La alcaldesa de Tomi...
Parabens
Enhoraboa Sandra, Uxio, Xaquín e Fran eu creo que o fix...
Máis...
Por Sabela

¿Quién está en línea?
Temos 73 convidados conectados
O I Torneo de Tenis de mesa comeza esta sábado en Tomiño Imprimir Correo-e
22 do 01 do 2010
  • Ocupáronse as 24 prazas dispoñibles con xogadores de toda a comarca

ImageO vindeiro sábado 23 de xaneiro comeza o I Torneo de Tenis de Mesa Concello de Tomiño, organizado pola Concellaría de Deportes e Lecer do Concello en colaboración coa Agrupación Deportiva Baixo Miño (AGRUDEBAM).

O evento disputarase tamén o día 30 de xaneiro no pavillón polideportivo de Tomiño, cubríndose as 24 prazas dispoñibles. Neste sentido, participarán xogadores de diferentes concellos ademais de Tomiño, como os de Vigo, Nigrán, A Guarda e Gondomar.

Dáse a circunstancia de que varios dos xogadores están federados en equipos de tenis de mesa como o A.D Vincios ou o AVCD Lavadores T.M. "B". Ademais, algúns dos participantes atópanse en altas posicións no ranking do circuíto galego de tenis de mesa.
 
O Torneo empezará o vindeiro sábado ás 16.00 horas e finalizará aproximadamente ás 21.00.

Os partidos serán arbitrados por árbitros especializados neste deporte.

Haberá premios para os tres primeiros clasificados ou clasificadas (trofeo máis 100, 80 e 60 euros, respectivamente) e o resto de participantes recibirán un agasallo.

O concelleiro de Deportes, Fernando Álvarez, explicou que este torneo se encadra no marco do traballo que vén desenvolvendo a concellaría coa finalidade de ampliar e diversificar a oferta deportiva do Concello. Nesta mesma liña, celebrouse hai unhas semanas o segundo torneo de tenis, no que participaron numerosas deportistas da localidade e zona de influenza.

Os partidos serán arbitrados por árbitros especializados neste deporte.



Comentarios (1)
RSS dos comentarios
1. Escrito por un deportista o 22-01-2010 11:51
 
 
non cabe duda que labor que esta a desmpeñar o empleado que traballa`para o concello en deportes esta constatada con estas iniciativas e alguas mais que hay proyectadas,voa a labor a sua.
 

Escribir Comentario
  • Por favor, manteña a temática do comentario en relación co tema do artígo.
  • Se contén linguaxe inapropiado será borrado.
  • Por favor, non empregue os comentarios para promocionar o seu sitio, ese tipo de mensaxes borrarase.
  • Ten que asegurarse de *Recargar* a páxina para amosar un novo código de seguridade antes de cliquear 'Enviar', no caso de que metese un código incorrecto.
Nome:
Título:
Comentario:



Código:* Code

Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6
AkoComment © Copyright 2004 by Arthur Konze - www.mamboportal.com
All right reserved

 
< Ant.   Seg. >