O Tempo en Tomiño
El Tiempo en Tomino - Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Últimos comentarios
La alcaldesa de Tomi...
para yaya
Como eres tan inocente que metes a todo el que no es d...
Máis...
Por santi

La alcaldesa de Tomi...
iso pinta ben
Po lo cabreados que estan os do P.P., e da maneira que ...
Máis...
Por ya, ya,....

La alcaldesa de Tomi...
sabela
Canto tenpo levas sin salir da casa ,sin oir a radio si...
Máis...
Por julito

La alcaldesa de Tomi...
Parabens
Enhoraboa Sandra, Uxio, Xaquín e Fran eu creo que o fix...
Máis...
Por Sabela

¿Quién está en línea?
Temos 53 convidados conectados
Final do II Torneo de Tenis Concello de Tomiño Imprimir Correo-e
15 do 12 do 2009
ImageTras mes e medio de competición, o pasado 12 de decembro tivo lugar a final do II Torneo de Tenis – Concello de Tomiño,  organizado pola Concellaría de Deportes e Lecer, que preside o Centrista Fernándo Álvarez, en Colaboración coa Asociación Cultural, Veciñal e Deportiva de Barrantes e a casa comercial Lito Sport. No desenvolvemento deste torneo de tenis participaron 21 adultos e 6 nenos, na súa maioría veciños de Tomiño, pero tamén de concellos próximos coma Tui, Gondomar e Ponteareas.
 


Ambas as finais, tanto a da categoría de adultos como a de infantil, estiveron moi disputadas. Na categoría infantil proclamouse vencedor Iván Carnero Rodríguez, veciño de Tui, logo de disputar un competitivo xogo ao mellor de 7 tie-break. Na categoría de adultos desenvolveuse un xogo a 3 set. Tras dúas horas de partido, na que a igualdade no marcador estivo presente ata o seu fin, proclamouse vencedor Diego Fernando Incógnito, veciño de Gondomar, tras derrotar o vencedor do I campionato, organizado o pasado ano, Vladimir Stuzhiniskiy.

A entrega de premios estivo presidida polo concelleiro de Deportes, Fernando Álvarez, que xunto cos representantes das entidades colaboradoras entregaron cadanseu obsequio a todos os participantes. O concelleiro explicou que dende a concellaría de deportes se seguirá apoiando todas as iniciativas que teñan como finalidade fomentar todas as modalidades deportivas, apoiar os clubs e as asociación, así como mellorar e crear espazos deportivos. Neste senso o edil mencionou o proxecto, presentado o Plan da Deputación de Pontevedra, de construcción de dúas pistas máis de tenis ou as melloras en diferentes pavillóns municipais.

Como punto e final deste II Torneo de Tenis, Fernando Álvarez agradeceulles a todos a deportividade á hora de desenvolver esta competición e animou os participantes a seguir apostando pola participación nunha vindeira edición.



Comentarios (5)
RSS dos comentarios
1. Escrito por da qui o 15-12-2009 17:56
 
 
Non politicedes as asociacións
Organizado pola Concellaría de Deportes e Lecer, que preside o Centrista Fernándo Álvarez, en Colaboración coa Asociación Cultural, Veciñal e Deportiva de Barrantes que dirixe o Centrista Fernando Álvarez tamén e a casa comercial.... Sexamos claros Fernandiño, a asociación que dis que colabora é a túa asociación que recibe os cartos da túa concellería para buscar puntos en Barrantes. Eres como Juan Palomo ..... . Recordamos ainda que esa asociación é para a que aprovastedes unha modificación de crédito e LLE DISTES os cartos sen estar aínda inscrita no concello nin no rexistro de PONTEVEDRA. Recordamos tamén que son catro gatos que están fartos de decir que se creou para bloquear a outra asociación de TODOLOS veciños de Barrantes. Xa está ben de POLITIZAR o deporte e a cultura. Estades obsesionados e castigades sistemáticamnete ás asociacións que non pensan coma vos cmo se facía no peor tempo da Espanha recente. NON POLITICEDES MÄIS
 
2. Escrito por Vecino de Barrantes o 16-12-2009 18:27
 
 
Indignado
Quiero expresar mi indignación, pertenezco a esta asociación y debo decirle que no esta enterado de lo que dice: 
1º.-Nuestro Presidente se llama Manuel (Peque) y no Fernando. 
2º.-La ayuda a la que usted se refiere se destina a financiar una línea de autobus para que los chicos y chicas de la ESO (no obligatoria) puedan acudir al instituto. 
3º.-Una de las beneficiadas es la hija del Concejal de Barrantes por el PP. 
4º.-La asociación que usted dice que es de todos los vecinos está presidida por el Concejal del PP cuyos asociados coinciden con los de la Comunidad de Montes y las elecciones se hacen el mismo día, en la misma Asamblea, tanto para una cosa como para la otra (esto sí es politizar). 
No use este Foro para politiqueos. Si pertenece a un partido trabaje haciendo cosas y verá como conseguirá lo que pretende, ¡no caiga usted tan bajo!.
 
3. Escrito por da qui o 17-12-2009 10:23
 
 
¡NON POLITICEDES A CULTURA!
Aclaro o veciño anterior para que non haxa confusións: 
1º Eu non dixe que o Presidente non sexa o Peque, eu dixen que a dirixia Fernando, ME RATIFICO, OU POLO MENOS DE ESO PRESUMEN OS CONCELLEIROS DE CDT. Certo é que o Peque perteñece o outro partido que non quiso quedar fora. Pregunto ¿por que non dis o cargo que ocupa Fernando na asociación? porque se non me esquezo está na directiva segúbn consta en estatutos. 
2º No segundo punto dis media verdade. Pregunto ¿por que non lle da o concello os cartos a asociación creada fai moitos anos? ou mellor ¿por que non paga directamente o autobús? Darlle os carto a asociación so é para darlle meritos, eso SI é POLITIZAR, ¡a xente non é parva! 
4º A asociación que eu digo que é de todolos veciños, é certo que a dirixe o concelleiro de Barrantes dende fai moitos anos por abrumadora maioría do pobo, e por certo non son catro. Se mal non recordo o Fernandiño e tamén membro de esa Asociación maioritaria, ah e por certo o PEQUE e vocal da Comunidade de Montes. ¿Non sería coherente que dimitira se non está de acordo? ¿É el o causante da politización? Fernando, non botes balóns fora, que vos gusta moito. Todos sabemos que para esa asociación minoritaria mantivo moitas reunións o Castiñeira e o Fernando en Barrantes, é incluso en algunhas estivo o Vergara. Si non sabes a verdade, non vaias meter a pata que pode empezar a sair moita merda. Reitero " A NOVA ASOCIACIÓN SE CREOU DENDE OS PARTIDOS POLÍTICOS QUE QUERÍAN QUITARLLE O RESPALDO ACTUAL E CON MAIORIA ABRUMADORA O PRESIDENTE DA COMUNIDADE DE MONTES DE BARRANTES, DESPOÍS DE INTENTALO NAS ELECCIÓN A COMUNIDADE E FRACASAR ESTREPITOSAMENTE" Sodes catro, a mairia estades o tanto desta maniobra POLITICA e tedes algún que non o sabe peroque o supón. Tedes que facer vida máis preto da xente. ¡NON POLITICEDES A CULTURA!
 
4. Escrito por Vecina de Goián o 17-12-2009 20:43
 
 
Para vecino de Barrantes
La ESO significa educación secundaria obligatoria,tal vez te referias al bachillerato que no es obligatorio saludos
 
5. Escrito por Vecino de Barrantes o 18-12-2009 09:11
 
 
Para da qui
Se te ha visto el plumero, al menos los de Barrantes sabemos que lo que dices son mentiras: ni "Peque" es vocal de la Comunidad de Montes, ni los concelleiros mencionados se reunieron en ocasión alguna... y el dinero se nos ha dado para el autobus porqué hemos tenido la iniciativa de pedirlo.  
Pretendes hacer política "barata" con estos comentarios, pero te diré una cosa: con mentiras es difícil que hagáis algo en cualquier faceta, incluso en política, no me extraña que estéis tan divididos, se ha perdido la dignidad en vuestro partido.  
Saludos.
 

Escribir Comentario
  • Por favor, manteña a temática do comentario en relación co tema do artígo.
  • Se contén linguaxe inapropiado será borrado.
  • Por favor, non empregue os comentarios para promocionar o seu sitio, ese tipo de mensaxes borrarase.
  • Ten que asegurarse de *Recargar* a páxina para amosar un novo código de seguridade antes de cliquear 'Enviar', no caso de que metese un código incorrecto.
Nome:
Título:
Comentario:



Código:* Code

Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6
AkoComment © Copyright 2004 by Arthur Konze - www.mamboportal.com
All right reserved

 
< Ant.   Seg. >