O Tempo en Tomiño
El Tiempo en Tomino - Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Últimos comentarios
La alcaldesa de Tomi...
para yaya
Como eres tan inocente que metes a todo el que no es d...
Máis...
Por santi

La alcaldesa de Tomi...
iso pinta ben
Po lo cabreados que estan os do P.P., e da maneira que ...
Máis...
Por ya, ya,....

La alcaldesa de Tomi...
sabela
Canto tenpo levas sin salir da casa ,sin oir a radio si...
Máis...
Por julito

La alcaldesa de Tomi...
Parabens
Enhoraboa Sandra, Uxio, Xaquín e Fran eu creo que o fix...
Máis...
Por Sabela

¿Quién está en línea?
Temos 69 convidados conectados
Cento cincuenta atletas daranse cita este domingo no III Triatlo da Amizade entre Tomiño e Cerveira Imprimir Correo-e
02 do 07 do 2009
  • A actividade transcorrerá polo río Miño e ambas marxes transfronteirizas

ImageCento cincuenta atletas de varios puntos de España e Portugal, daranse cita no III Triatlo da Amizade, que se celebrará o vindeiro domingo 5 de xullo.

A proba foi presentada este mediodía no Salón de Plenos do Concello de Tomiño, nun acto presidido polo concelleiro Lecer e Deportes, Fernando Álvarez Fernández, acompañado polo seu homólogo da Cámara Municipal de Vila de Cerveira, Joao Fernando Nogueira e o delegado da Federaçao de Triatlo de Portugal, Marco Miranda.
 
Fernando Álvarez avanzou o percorrido da proba, salientando que a mesma “é moito máis que unha competición deportiva, algo que vai máis aló das fronteiras físicas e emocionais, un punto de encontro entre xente de ambos países, un encontro coa nosa historia, o noso pasado e o noso futuro, en definitiva unha proba única”.

Segundo precisou o concelleiro de Deportes de Tomiño, “nesta terceira edición, os portugueses, vencedores da proba do ano pasado, serán os defensores do Trofeo da Amizade e os galegos intentarán recuperar este título que xa ganaron na primeira edición e que, lamentablemente para eles, perderon na segunda”.

Joao Fernando Nogueira, pola súa banda, asegurou estar satisfeito cos resultados acadados nas dúas primeiras probas e augurou gran éxito para esta terceira competición. “Pero ademais dos resultados, esta proba permítenos afondar nas relacións de amizade entre as xentes de Tomiño e Vilanova de Cerveira”.

O delegado da Federaçao de Triatlo de Portugal, cualificou a proba do triatlón como unha proba única no seu tipo en toda a Península Ibérica. Asemade, agradeceu o apoio de ambos concellos e da Federación Galega de Triatlón, Secretaría Xeral para o Deporte, Fundación Deporte Galego o demais entidades colaboradoras.

A proba, única no seu tipo en ambos países, celebrarase o vindeiro domingo 5 de xullo. O punto de inicio será o embarcadoiro de Goián a partir das 16:00 horas (hora española).

O primeiro segmento da competición, cuxo orzamento supera os 12.000 euros, será a proba de natación cunha distancia de 750 metros, e onde os triatletas cruzarán 3 veces a liña fronteiriza que hai no medio do río Miño.

Cando os triatletas cheguen ó Cais do Rio Miño, na localidade de Vila Nova de Cerveira, terán que coller as súas bicicletas de montaña e dar 3 voltas a un circuíto que discorrerá pola beira do Miño e o Castello de Lobelhe.

Unha vez terminen as 3 voltas mencionadas, emprenderán o camiño de regreso rumbo a Galicia, cruzando pola Ponte da Amizade e rodando polas pistas forestais da zona ao Pazo de Goián para finalizar outra vez no embarcadoiro do antigo transbordador.

Este segundo sector terá unha lonxitude de case 18 km. onde os triatletas terán que rodar sobre pistas de terra, rúas de adoquíns e algo de asfalto.

O último tramo discorrerá polos arredores da Fortaleza de San Lorenzo de Goián, á que os atletas terán que dar 4 voltas para cubrir unha distancia de 4,5 km.

Poderán participar tanto triatletas federados como non federados e tamén se poderá  competir en equipos de relevos compostos por 2 ou 3 deportistas.

Os deportistas galegos que queiran participar deberán inscribirse na Federación Galega de Triatlón  www.fegatri.org e os portugueses na Federaçao de Triatlo de Portugal www.federacao-triatlo.pt 



Sexa o primeiro en comentar o artigo
RSS dos comentarios

Escribir Comentario
  • Por favor, manteña a temática do comentario en relación co tema do artígo.
  • Se contén linguaxe inapropiado será borrado.
  • Por favor, non empregue os comentarios para promocionar o seu sitio, ese tipo de mensaxes borrarase.
  • Ten que asegurarse de *Recargar* a páxina para amosar un novo código de seguridade antes de cliquear 'Enviar', no caso de que metese un código incorrecto.
Nome:
Título:
Comentario:



Código:* Code

Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6
AkoComment © Copyright 2004 by Arthur Konze - www.mamboportal.com
All right reserved

 
< Ant.   Seg. >