| A Concellaría de Deportes organiza o I Torneo de Tenis de Mesa Concello de Tomiño |
|
|
| 31 do 12 do 2009 | ||||||
A Concellaría de Deportes e Lecer do Concello de Tomiño organiza en colaboración coa Agrupación Deportiva Baixo Miño (AGRUDEBAM) o I Torneo de Tenis de Mesa Concello de Tomiño, que terá lugar os sábados 23 e 30 de xaneiro no Pavillón de Tomiño. As persoas interesadas terán como prazo para apuntarse ata o día 19 de xaneiro en horario de mañá, ou ben, chamando ao teléfono 986 622 988. Para poder participar establécese unha idade mínima de 15 anos e un número de prazas de entre 10 e 24 xogadores/as. Haberá premios para os tres primeiros clasificados ou clasificadas (trofeo máis 100, 80 e 60 euros respectivamente) e o resto de participantes recibirán un agasallo. O sorteo da orde de participación terá lugar o venres 22 de xaneiro ás 21.00 horas no pavillón de deportes tomiñés. O concelleiro de Deportes, Fernando Álvarez, explicou que este torneo encádrase no marco do traballo que vén desenvolvendo a concellaría coa finalidade de ampliar e diversificar a oferta deportiva do Concello. Nesta mesma liña, celebrouse hai uns días o segundo torneo de tenis, no que participaron numerosas persoas da localidade e zona de influenza.
Escribir Comentario
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
||||||
| < Ant. | Seg. > |
|---|






