O Tempo en Tomiño
El Tiempo en Tomino - Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Últimos comentarios
Tomiño impulsa a reh...
restaurante?
o sea, que juan no podía tener el chiringuito abierto p...
Máis...
Por manda truco

O PP expresa o seu d...
PARA JOSE
SR. JOSE SON UNHA VECIÑA QUE COMO VOTANTE DO PP NALGUNH...
Máis...
Por vecina de tomiño

O PP expresa o seu d...
Quien los quiere con nosotros
Ya hicimos los cambios que necesitabamos en nuestro par...
Máis...
Por Josito

O PP expresa o seu d...
pa ulises
Non metas cizaña que non cola,mira o xenrro de jose lui...
Máis...
Por jose

¿Quién está en línea?
Temos 9 convidados conectados
Cultura e Lecer
A exposición de pintura "Festas do Alivio" reunirá en Tomiño a máis de 30 artistas da comarca Imprimir Correo-e
04 do 09 do 2010
  • A Concellaría de Cultura organiza tamén varios concertos, entre os que sobresaen os de Cristina Pato e Rosa Cedrón
  • A Asociación Deportiva e Cultural do Seixo organiza por segundo ano consecutivo a mostra de fotografías antigas “Tomiño e os seus costumes”
ImageA Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal organiza con motivo das Festas da Nosa Señora do Alivio a XXVIII Exposición de Pintura Festas do Alivio”, que acostuma a ofrecer nestas datas, coa participación de máis de trinta artistas noveis e consagrados.

A mostra, unha das máis representativas da comarca terá lugar na Casa da Cultura tomiñesa entre os días 4 e 12 de setembro, sendo a inauguración o vindeiro sábado 4 de setembro ás 12.00 horas. A exposición permanecerá aberta ao público en horario de mañá (11.00 a 13.00) e tarde (17.00 a 20.00).

Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis...

 
Nove pintores participan no I Concurso de Debuxo e Pintura ao Aire Libre de Tomiño Imprimir Correo-e
25 do 08 do 2010
  • Na categoría de debuxo o primeiro premio foi para Consuelo Fernández, e en pintura, para Basilio Calzado
 
ImageNove pintores acudiron ao I Concurso de Debuxo e Pintura ao Aire Libre organizado pola Asociación Cultural, Deportiva e Recreativa Solleiro en colaboración coa Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal.

Os participantes concentráronse fronte á Casa do Concello ás 09.30 horas para distribuírse logo polas zonas máis pintorescas do municipio.

O xurado reuniuse onte para otorgar os premios, resultando gañadores na categoría de debuxo, Consuelo Fernández Casas, coa súa obra “A Peregrina” e José Miguel Souto Álvarez, con “A Pedra”.

Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis...

 
Primeiro Concurso de Debuxo e Pintura ao Aire Libre Imprimir Correo-e
20 do 08 do 2010
  • Organiza a Asociación Cultural, Deportiva e Recreativa Solleiro en colaboración coa Concellaría de Cultura

A Asociación Cultural, Deportiva e Recreativa Solleiro en colaboración coa Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal, organiza o primeiro Concurso de Debuxo e Pintura ao Aire Libre.

Os participantes concentraranse fronte á Casa do Concello ás 09.30 horas para distribuírse logo polas zonas máis pintorescas do municipio.
 

Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis...

 
Comeza a Semana Cultural da Peregrina en Estás Imprimir Correo-e
18 do 08 do 2010
Temos a seguinte proposta para a semana do 21 ao  27 de Agosto:
  •     21 de Agosto, 20.30 h Presentación do libro de Xoán Ramiro Carnero,   O Forte dos Medos no “Mercurio Portuguez”
  •     22 de Agosto, 12.30 h Inauguración da Exposición fotográfica “Xentes e Costumes de Estás” coas temáticas  A danza da Peregrina e a Mocidade de antes.
  •     23 de Agosto, 21.30 h “TV show” a cargo dos nenos de Estás.

Comentarios (1) | Ler máis...

 
Filminho anticipa a terceira edición cunhas xornadas itinerantes polas parroquias de Tomiño Imprimir Correo-e
18 do 08 do 2010
  • O día 20 será a parroquia tomiñesa de Santa Mª de Tebra a que reciba as proxeccións
 
ImageO Filminho-Festa do cinema galego e portugués, que vivirá a súa terceira edición entre os días 19 e 26 do mes de setembro, anticiparase este ano cunhas xornadas de itinerancia polas parroquias de Tomiño e Vila Nova de Cerveira, co fin de achegar o cine da terra á veciñanza.

O período de itinerancia consistirá, concretamente, na proxección previa ao festival de cinco películas en cinco parroquias tomiñesas e outras tantas da portuguesa Vila Nova de Cerveira. As proxeccións faranse ao aire libre en torreiros e prazas.

A primeira destas xornadas tivo lugar a pasada fin de semana en Covas (Vilanova de Cerveira) coa asistencia de numeroso público.

Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis...

 
Cine, concertos e exposicións no mes de agosto Tomiñés Imprimir Correo-e
14 do 08 do 2010
  • As actividades están organizadas na súa maioría pola Concellería de Cultura, Educación e Participación Veciñal en colaboración cos comerciantes e Caixanova

Tomiño concentra no mes de agosto gran parte da súa actividade cultural. A Concellaría de Cultura e a Asociación de Comerciantes de Tomiño organizan, moitas veces de forma conxunta, diferentes actividades e actos dirixidos a todos os públicos.

Así, os espazos de recreo e esparexemento da vila, aparecen cheos de vida durante todo o mes.

O pasado martes 3 de agosto comezaba o ciclo de Cine de Verán Concello de Tomiño. A partir de entón, todos os martes do mes, ás 22.30 hs. na Praza do Seixo (en caso de choiva na Casa da Cultura), proxéctanse diferentes películas nas que teñen cabida todos os públicos.

Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis...

 
Goián acollerá este venres un concerto do grupo musical "Los Gatos y el Sexo" Imprimir Correo-e
06 do 08 do 2010
  • O concerto terá lugar na Praza da Igrexa de Goián  ás 22.30 horas
 
ImageMañá, venres 6 de agosto, a partir das dez e media da noite, a Praza da Igreza de Goián acollerá o concerto do grupo musical tomiñés “Los gatos y el Sexo”, agrupación que interpreta versións de músicos de actualidade. 

A actuación, organizada por ADETO, asociación de comerciantes de Tomiño, conta coa colaboración da Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal.

O sábado 7 ás 21.00 horas, na mesma praza goianesa, celebrarase o XV Encontro de Bandas de Música, coa participación da Unión Musical de Coruxo, Unión Musical de Pontevedra e Agrupación Musical de Goián. Esta última é a organizadora do acto coa colaboración da Concellaría de Cultura.
 

Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis...

 
XV Encontro de Bandas de Música en Goián Imprimir Correo-e
05 do 08 do 2010
ImageA Agrupación musical de Goián, organiza este sábado día 07 de xullo ás 21:00 horas na praza da igrexa de Goián, o XV encontro de bandas de música, contando este ano coa presenza da "Unión musical de Coruxo", a "Unión musical de Ponteledesma" e a banda anfitriona a "Agrupación musical de Goián".
 

Sexa o primeiro en comentar o artigo | Ler máis...

 
La concejalía de Cultura felicita a la Banda de Barrantes por su ascenso a primer grado Imprimir Correo-e
02 do 08 do 2010
La Concejalía de Cultura, Educación y Participación Veciñal del Concello de Tomiño expresa su felicitación pública a todos los componentes de la Banda de Gaitas San Vicente de Barrantes y especialmente a su director, Hipólito Cabezas, por su primer puesto en la XX Liga Galega de Bandas de Gaitas, que tuvo lugar este fin de semana en Monte do Gozo, en Santiago de Compostela (31 de julio y 1 de agosto).

La Banda tomiñesa participó este año dentro del segundo grado, con 11 bandas más, obteniendo el primer puesto en la clasificación general. 
 
San Vicente de Barrantes ha estado subiendo consecutivamente de categoría en los últimos años, situándose, tras éste nuevo éxito, que supone el ascenso a primer grado, entre las 12 mejores bandas de Galicia, de las que compiten dentro de la Liga Galega organizada por la Federación Gallega de Bandas de Gaitas. 

 

Comentarios (12) | Ler máis...

 
Terceiro Festival Folclórico "Virxe do Henar" en Taborda Imprimir Correo-e
30 do 07 do 2010
O FESTIVAL TERÁ LUGAR O VENRES 30 DE XULLO A PARTIR DAS 21:30 H

ACTUARÁN OS SEGUINTES GRUPOS:

    * GRUPO FOLCLÓRICO “O MOSTERIO DE PEXEGUEIRO”.
    * GRUPO FOLCLORICO “ XUNTANZA DE RANDUFE”.
    * GRUPO XUVENIL INQUEDANZAS DE PAZOS DE REIS”.
    * GRUPO “AXOUXERES DE SOBRADA”.
    * GRUPO DE PANDEIRETEIRAS “CACHARELA DE TABORDA”.



Comentarios (1) | Ler máis...

 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 1 - 18 de 209