O Tempo en Tomiño
El Tiempo en Tomino - Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Últimos comentarios
La alcaldesa de Tomi...
para yaya
Como eres tan inocente que metes a todo el que no es d...
Máis...
Por santi

La alcaldesa de Tomi...
iso pinta ben
Po lo cabreados que estan os do P.P., e da maneira que ...
Máis...
Por ya, ya,....

La alcaldesa de Tomi...
sabela
Canto tenpo levas sin salir da casa ,sin oir a radio si...
Máis...
Por julito

La alcaldesa de Tomi...
Parabens
Enhoraboa Sandra, Uxio, Xaquín e Fran eu creo que o fix...
Máis...
Por Sabela

¿Quién está en línea?
Temos 56 convidados conectados
Tomiño dedica o mes de marzo ao teatro Imprimir Correo-e
04 do 03 do 2010
  • Catro producións galegas conforman o programa organizado pola Concellaría de Cultura
  • Descarga o folleto

A Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal que dirixe Jesús Castiñeira, dedica o mes de marzo ao teatro, con catro producións galegas de renome que ofrecerá cada sábados do mes. O ciclo abrirase o día 6 coa obra “Un morto moi vivo”, a cargo de A contrabutaca produccións e interpretada polos actores  Isi e Dorotea Bárcena.

A programación, organizada coa colaboración da Escola Municipal de Teatro e Danza e a Federación Terramiño, continúa o día 13 coa compañía Fulano, Mengano e Cítano e a súa proposta “Nunca menos”. O sábado 20 será Cándido Pazó do grupo Abrapalabra, quen suba ao escenario coa obra “Historias Tricolores, ou de como aqueles animaliños proclamaron a República”.
Pechará  o mes de teatro o día 27, Máscara Produccións con “Por diante...e por detrás”. Todas as actuacións terán lugar no Auditorio Municipal de Goián ás nove da noite.
    
O concelleiro de Cultura e tenente de alcalde, Jesús Castiñeira, salientou a calidade dos actores e das obras que se van a representar durante este mes, “todas elas cunha coidada posta en escena que seguro responderá ao público máis esixente e nos fará pasar a todos uns momentos moi agradables”.
    
“Un morto moi vivo”

“Un morto moi vivo” é a segunda produción de Acontrabutaca, a compañía creada por Xosé Lueiro, que promete unha longa sesión de risas. Isy, Dorotea Bárcena e Chelo Do Rejo, forman o elenco dunha obra que toma a testemuña doutros éxitos do proxecto Tirinautas, como “Ensalada de Mosquito”.



Sexa o primeiro en comentar o artigo
RSS dos comentarios

Escribir Comentario
  • Por favor, manteña a temática do comentario en relación co tema do artígo.
  • Se contén linguaxe inapropiado será borrado.
  • Por favor, non empregue os comentarios para promocionar o seu sitio, ese tipo de mensaxes borrarase.
  • Ten que asegurarse de *Recargar* a páxina para amosar un novo código de seguridade antes de cliquear 'Enviar', no caso de que metese un código incorrecto.
Nome:
Título:
Comentario:



Código:* Code

Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6
AkoComment © Copyright 2004 by Arthur Konze - www.mamboportal.com
All right reserved

 
< Ant.   Seg. >