O Tempo en Tomiño
El Tiempo en Tomino - Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Últimos comentarios
O PP expresa o seu d...
para Edelmiro
Querido vecino:Antes que nada darte la enhorabuena por ...
Máis...
Por don jose

O PP expresa o seu d...
Cesar alcalde ya!!!
Cesar tiene que ser alcalde ya para que podamos reparti...
Máis...
Por PePeiño

O PP expresa o seu d...
seamos serios
Eres libre para opinar o que queiras.Eu sinceramente pe...
Máis...
Por Gerardo

O PP expresa o seu d...
para don jose
Soy de Vigo y desde hace 4 meses residente en Tomiño , ...
Máis...
Por Edelmiro Gonzalez C.

¿Quién está en línea?
Temos 13 convidados conectados
O violinista ruso Mijail Moriatov actuará este sábado en Tomiño no Concerto de Nadal Imprimir Correo-e
24 do 12 do 2009
  • O parque infantil “Tomilandia” permanecerá aberto o día 26 entre as catro e as oito da tarde

ImageA Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal do Concello de Tomiño, lembra que dentro da Programación de Nadal desta fin de semana, terá lugar o vindeiro sábado, 26 de decembro, o tradicional Concerto de Nadal, que este ano estará a cargo do violinista ruso Mijail Moriatov.

A actuación será no Auditorio de Goián a partir das 21.00 horas.

Mijail Moriatov é un dos violinistas de maior proxección e prestixio residentes actualmente en España. Naceu en Rusia e aos cinco anos empezou a súa carreira musical, despois de estudar cos profesores máis ilustres de San Petersburgo.
En 1986 superou as probas de acceso á Escola Superior do Conservatorio de San Petersburgo, a que rematou coas máis altas cualificacións en 1994. En 1992 aprobou as oposicións para a Orquestra Sinfónica de Galicia con tan só 17 anos, o que lle converteu no membro máis novo da devandita formación. Desde esta data ata a actual reside e traballa en Galicia. Nos anos 1994-1996 foi profesor superior de violín no Conservatorio de Ferrol, así mesmo ao longo do quince anos permanecendo en Galicia desenvolveu un importante labor docente por toda a Comunidade Autónoma. É compoñente desde a súa creación (ano 1988) do Cuarteto Moriatov, un conxunto único en toda Europa, dado que está formado polos membros dunha soa familia. Con este grupo realizou máis de 200 actuacións por toda Rusia e España.

Por outra banda, tamén o sábado 26 de decembro terá lugar no Pavillón Polideportivo de Tomiño o Parque Infantil “Tomilandia”, destinado a todos os nenos e nenas da vila, que poderán participar en diferentes obradoiros de Nadal e xogar nunha serie de inchables. O parque estará aberto entre as catro e as oito da tarde.
 



Sexa o primeiro en comentar o artigo
RSS dos comentarios

Escribir Comentario
  • Por favor, manteña a temática do comentario en relación co tema do artígo.
  • Se contén linguaxe inapropiado será borrado.
  • Por favor, non empregue os comentarios para promocionar o seu sitio, ese tipo de mensaxes borrarase.
  • Ten que asegurarse de *Recargar* a páxina para amosar un novo código de seguridade antes de cliquear 'Enviar', no caso de que metese un código incorrecto.
Nome:
Título:
Comentario:



Código:* Code

Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6
AkoComment © Copyright 2004 by Arthur Konze - www.mamboportal.com
All right reserved

 
< Ant.   Seg. >