| O prazo de inscrición para o tradicional "Venres de Foliada" abrirase o vindeiro día 11 |
|
|
| 09 do 01 do 2010 | ||||||
A Concellería de Cultura, Educación e Participación Veciñal Concello de Tomiño organiza a décimo terceira edición do desfile de Entroido “Venres de Foliada”, que se celebrará o día 12 de febreiro de 2010 a partir das dez da noite. O prazo de inscrición das comparsas abrirase o día 11 de xaneiro e rematará o día 29 do mesmo mes. Segundo o especifican as bases, as comparsas deben estar formadas por un mínimo de 15 compoñentes, fixándose un máximo de 25 comparsas e dándoselle preferencia ás agrupacións do concello. A compensación económica para as comparsas será a que segue:
Para inscribirse, os integrantes das comparsas deberán pasar pola oficina do departamento de Cultura (rúa Colon, 2, 1º) ou chamar ao número de teléfono 986 622 988.
Escribir Comentario
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
||||||
| < Ant. | Seg. > |
|---|






