| O vindeiro día 22 de xaneiro terá lugar o "I Estás DJ's' |
|
|
| 20 do 01 do 2010 | ||||||
A Concellaría de Mocidade organiza en colaboración coa asociación xuvenil “Buraco do Frade” o primeiro “Estás Dj’s 2010”, o vindeiro venres 22 de xaneiro a partir das 24.00 horas. O espectáculo estará a cargo dos profesionais Dani Moreno, de Máxima FM; Dj. Chimo, de discoteca Malizzia, RMT e Loca FM; e Dj_Diego González, de myspace.com.
Estes espectáculos celébranse coincidindo coas Festas de San Sebastián (Estás) organizadas pola comisión de festas do mesmo nome en colaboración co Centro Social de Estás, a Comunidade de Montes e Concellaría de Cultura do Concello de Tomiño. A popular celebración terá lugar o día 23 de xaneiro, inaugurando o día cunha salva de bombas ás dez da mañá, que anunciará a entrada do grupo de baile Virxe do Alivio. Ás 12.00 horas inaugurarase o novo recinto de festas, que para a ocasión, cubrirase cunha carpa de 600 metros cadrados. Actuará a orquestra “Nueva Generación”. Pola noite, outras tres orquestras, “Abanico”, de Rianxo; “Salsa Rosa”, de Pontevedra, e “Sintonía”, de Vigo, amenizarán a gran verbena. Os actos relixiosos comezarán o día 14 ás 19.00 horas, e a misa solemne celebrarase o sábado 23 ás 11.00 horas con sermón e procesión.
Escribir Comentario
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
||||||
| < Ant. | Seg. > |
|---|






