O Tempo en Tomiño
El Tiempo en Tomino - Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Últimos comentarios
La alcaldesa de Tomi...
para yaya
Como eres tan inocente que metes a todo el que no es d...
Máis...
Por santi

La alcaldesa de Tomi...
iso pinta ben
Po lo cabreados que estan os do P.P., e da maneira que ...
Máis...
Por ya, ya,....

La alcaldesa de Tomi...
sabela
Canto tenpo levas sin salir da casa ,sin oir a radio si...
Máis...
Por julito

La alcaldesa de Tomi...
Parabens
Enhoraboa Sandra, Uxio, Xaquín e Fran eu creo que o fix...
Máis...
Por Sabela

¿Quién está en línea?
Temos 69 convidados conectados
O desfile de entroido de Goián espera batir records de participación Imprimir Correo-e
16 do 02 do 2010
  • As carrozas percorrerán as rúas da parroquia o martes 16 a partir das catro da tarde

O tradicional desfile de Entroido de Goián terá lugar mañá martes, 16 de febreiro a partir das 16.00 horas.

Organizada pola Asociación Entroido de Goián coa colaboración da Concellaría de Cultura, a festa comezou o pasado domingo co desfile infantil e continúa hoxe, luns 15, con pasarrúas de treboadas, “pedida” e “Gran Tortillada” para os colaboradores. A partir das nove da noite, haberá baile amenizado polas orquestras Aramio e Passarela.

O martes 16 será o gran desfile a partir das catro da tarde. Ás nove da noite verbena amenizado polas orquestras Benidorm e Ilusión. Por último, o mércores 17 a partir das sete da tarde será o tradicional ENTERRO DA TAÍÑA.
 
O concelleiro de Cultura e tenente de alcalde, Jesús Castiñeira Diz, salientou o esforzo de organización realizado polo departamento de Cultura para manter o nivel do desfile, que medra cada ano: “En Goián as expectativas son moi boas cun carnaval moi arraigado, con unha gran tradición que xurde do propio pobo”.

Jaime Martínez, presidente da comisión organizadora, pola súa banda, informou que no desfile participarán carrozas de Goián e doutros puntos da comarca. “O ano pasado a afluenza de xente foi algo fora do común, e este esperamos outro tanto. Non fai falta inscribirse, todos son aceptados”, indicou.

O pasado día 12 tivo lugar o tradicional desfile de Entroido de Tomiño “Venres de Foliada”, un dos máis populosos da comarca e no que participaron máis de 1500 persoas.

A Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal, organizadora do evento, confirmou a participación de 26 comparsas con carroza e outras seis sen carroza, ademais de varias rondallas, charangas e treboadas que conferiron ao espectáculo gran dinamismo e sabor popular.
 



Comentarios (4)
RSS dos comentarios
1. Escrito por TOMIÑO o 17-02-2010 16:02
 
 
ENHORABOA
SI SEÑOR PRECIOSO DESFILE DE CARNAVAL.. ENHORABOA. ESTIVERON MOITO MELLOR OS DE GOIAN QUE A MERDA DE DESFILE DO PASACALLES DE TOMIÑO. MUITA COMPARSA QUE O FINAL FAIXE SUPER ABURRIDISIMO. TOMIÑO 1 GOIAN 10 A XENTE DE GOIAN VIVE O CARNAVAL A REALIDAD.
 
2. Escrito por sonia o 18-02-2010 13:43
 
 
alucinante....................
Son parte da organización do carnaval en Goián e quedo atónita pola frase desta nota de prensa "o concelleiro de cultura salienta o esforzo de organización do departamento de cultura" Pero como é posible ser capaz de escribir unha cousa así? Este home debe ter algún problema.
 
3. Escrito por eu mesma o 24-02-2010 19:11
 
 
e as fotos?
por que non aparecenas fotos do entroido de Goian? estiveron na `paxina e agora non estan
 
4. Escrito por anonimo o 24-02-2010 21:05
 
 
pra e u mesma
iste personase pon el mesmo as medayas,aproveita calquer acontecementode calquer parroquia ,pra el ser o protagonista,ou si non vay como un ave rapaz pra quitarlle o prosecto a calquer entidade e demostra que foy el o que tivo a idea,o casti se cree moi listo pero sa se ye ve o plumeiro.
 

Escribir Comentario
  • Por favor, manteña a temática do comentario en relación co tema do artígo.
  • Se contén linguaxe inapropiado será borrado.
  • Por favor, non empregue os comentarios para promocionar o seu sitio, ese tipo de mensaxes borrarase.
  • Ten que asegurarse de *Recargar* a páxina para amosar un novo código de seguridade antes de cliquear 'Enviar', no caso de que metese un código incorrecto.
Nome:
Título:
Comentario:



Código:* Code

Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6
AkoComment © Copyright 2004 by Arthur Konze - www.mamboportal.com
All right reserved

 
< Ant.   Seg. >