|
O Consello da Cultura de Tomiño propón potenciar os movementos asociativos das parroquias |
|
|
|
09 do 07 do 2009 |
|
Páxina 1 de 2  Os membros do Consello da Cultura de Tomiño, reunidos recentemente na vila, propuxeron ao concello potenciar os movementos asociativos das parroquias, apoiando as semanas culturais que estes organizan, e coordinando a programación municipal de modo que non interfira coa das asociacións.
O responsable da Concellería de Cultura, Educación e Participación Veciñal, Jesús Castiñeira, suxeriu a conveniencia de que as asociacións veciñais e culturais comunicasen ao Concello cun mes de antelación a súa programación de actos, co fin de conseguir unha maior coordinación entre todas as actividades.
Con respecto á programación do primeiro semestre do 2009 coincidiuse en sinalar o éxito acadado cos ciclos dedicados a un tipo de espectáculo en particular, coma o mes do teatro, dos títeres ou das corais, “xa que incide na creación de hábitos entre os destinatarios, garantindo unha maior asistencia de público”. Polo tanto, a Concellería comprometeuse a continuar na mesma liña de actuación cara ao segundo semestre do ano.
Por outra banda, expresouse dende a concellería, a intención de diversificar e reforzar a oferta da Escola Municipal de Teatro que pasará a chamarse “Escola Municipal de Teatro e Danza” para o vindeiro curso, ofertando obradoiros de títeres, danza clásica, danza contemporánea, cabezudos e outros xéneros relacionados, sempre que haxa un número suficiente de interesados en cada especialidade.
Entres as propostas realizadas polos membros do Consello pódese destacar á organización dunhas xornadas musicais, en torno ás bandas de música, que se intentarían celebrar no mes de novembro, e a creación dun proxecto para un novo auditorio no casco urbano de Tomiño, comprometéndose a Concellería a achegar fondos para sacar adiante ambas propostas.
|