| Exposición Arritmias no Multiusos de Goián |
|
|
| 16 do 12 do 2009 | ||||||
Dentro da programación cultural, por mor das festas do Nadal, que organiza a Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal, que preside o centrista Jesús Castiñeira, inaugurarase este sábado, 19 de decembro, ás 12:00 horas, no multiusos de Goián a exposición Arritmias.Arritmias organízase en colaboración coa Asociación Galega de Arte e Cultura (AGAEC) e coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. AGAEC é unha entidade que, sen ánimo de lucro e de ámbito autonómico, foi creada no ano 2005. Ten como obxectivo difundir e promover a arte da cultura galega en todas as súas manifestacións, tanto dentro como fóra da nosa comunidade. Os artistas que participan nesta exposición veñen de diversos lugares da xeografía galega e do resto de país, polo que a interculturalidade está garantida nesta mostra de pintura e escultura. Os artistas que fan posible este evento son: Antonio Abad (Vigo), Carmen Sevillano (Vigo), Carmen Torres (Santiago de Compostela), Esther Molinero (Cidade Real), Marina Cocós (Pontevedra), Paco Ramos (Granada), Pepa Mariño (Potnevedra) e Jesús Pereira (Cádiz). No tocante á temática da exposición é de moi variada índole. A gran variedade de artistas fan posible a manifestación de diferentes temáticas e estilos, dende a homenaxe á luz e á paisaxe galega, á figura humana, ao surrealismo ata o impresionismo, a través de técnicas coma o pastel ou o óleo principalmente. A exposición estará aberta dende o sábado 19 de decembro ata o 11 de xaneiro no multiusos de Goián de luns a venres de 9h ás 13h. Segundo Castiñeira, esta é unha boa oportunidade para as persoas que valoran a arte, así como para os artistas do municipio, de coñecer o labor da asociación AGAEC, intercambiar experiencias e impresións e mais para admirar nun só evento unha gran variedade de temáticas e estilos artísticos.
Escribir Comentario
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
||||||
| < Ant. | Seg. > |
|---|







