O Tempo en Tomiño
El Tiempo en Tomino - Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Últimos comentarios
La alcaldesa de Tomi...
para yaya
Como eres tan inocente que metes a todo el que no es d...
Máis...
Por santi

La alcaldesa de Tomi...
iso pinta ben
Po lo cabreados que estan os do P.P., e da maneira que ...
Máis...
Por ya, ya,....

La alcaldesa de Tomi...
sabela
Canto tenpo levas sin salir da casa ,sin oir a radio si...
Máis...
Por julito

La alcaldesa de Tomi...
Parabens
Enhoraboa Sandra, Uxio, Xaquín e Fran eu creo que o fix...
Máis...
Por Sabela

¿Quién está en línea?
Temos 82 convidados conectados
Continúa aberta a exposición do escultor tomiñés Ignacio Moure Imprimir Correo-e
10 do 03 do 2010
  • A mostra permanecerá no Auditorio de Goián ata o vindeiro 31 de marzo

ImageContinúa aberta a exposición de escultura do artista tomiñés Ignacio Moure, organizada pola Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal que dirixe Jesús Castiñeira, e que poderá visitarse no Auditorio de Goián ata o día 31 de marzo.

A inauguración da mostra, celebrada o pasado venres 5 de marzo, contou con numeroso público, alcaldesa e outras autoridades locais, sorprendendo gratamente a todos os asistentes. 

Obras feitas sobre a base de material reciclado, esculpidas sobre cachos cerámicos, pedra, troncos ou raíces se poden contemplar nesta exposición que, segundo o concelleiro de Cultura, “demostran un alto nivel de inxenio e arte difíciles de igualar; calquera material parece válido nas mans deste escultor polifacético e autodidacta”.

Ignacio Moure recoñecía no acto de inauguración a fonda pegada que nos seus anos mozos deixou Antúnez Pousa e Zopo. 

Así  recordaba que unha das leccións que lle quedou máis gravada foi a de que “calquer cacho de pedra ou material leva dentro unha escultura que somentes necesita sacarlle o que lle sobra” e iso é, precisamente, o que intenta facer cos materiais sobre os que traballa. 
Image

O concelleiro de Cultura, Jesús Castiñeira, salientou que a vontade da concellaría é a de axudar a dar a coñecer a importante obra de moitos artistas, como Moure, que non teñen aínda a proxección que lles corresponde, a pesar da alta calidade que nas mesmas se contempla.
    
Image

Image



Comentarios (2)
RSS dos comentarios
1. Escrito por Ivete Alonso o 21-03-2010 23:39
 
 
Olá Primo parabéns pelo trabajo. Ficampos felizes em te ver. Mostrarei para mi papa. Bejos a todos
 
2. Escrito por Pilar Rico Boquete o 28-03-2010 17:15
 
 
Exposición da obra de Ignacio Moure
A mostra do autor, Ignacio Moure, reflicte unha grande creatividade e imaxinación y unhos matices verdadeiramente artísticos. Todos estos elementos fan que sexa unha das mostras nas que o visitante se impresione con cada unha das creacións do artista. É de resaltar tamén a combinación artística na que se pode observar a gran sensibilidade do creador coa natureza y o xeito de proxectala.  
 
Esperamos que nos siga a sorprender de xeito tan enriquecedor con mais aportación artísticas. Noraboa
 

Escribir Comentario
  • Por favor, manteña a temática do comentario en relación co tema do artígo.
  • Se contén linguaxe inapropiado será borrado.
  • Por favor, non empregue os comentarios para promocionar o seu sitio, ese tipo de mensaxes borrarase.
  • Ten que asegurarse de *Recargar* a páxina para amosar un novo código de seguridade antes de cliquear 'Enviar', no caso de que metese un código incorrecto.
Nome:
Título:
Comentario:



Código:* Code

Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6
AkoComment © Copyright 2004 by Arthur Konze - www.mamboportal.com
All right reserved

 
< Ant.   Seg. >