| Concerto da Camerata Viguesa en San Campio o domingo 20 de decembro |
|
|
| 18 do 12 do 2009 | ||||||
|
A Concellería de Cultura, Educación e Participación Veciñal que preside o centrista Jesús Castiñeira organiza, dentro da programación cultural por mor das festas do Nadal, un concerto o vindeiro domingo 20 de decembro ás 17.30 h no Santuario de San Campio de Lonxe en Figueiró a cargo de Camerata Viguesa.
A Camerata Viguesa é unha Asociación Músico - Cultural sen ánimo de lucro, que se funda no 1995, por alumnos de violín de Armando Toledo e os seus pais co obxectivo de complementar a súa formación, en prácticas de conxunto, música de cámara e orquestra. Os seus alumnos fundadores foron aceptados pola súa boa preparación para realizar estudios superiores e de postgrao en centros de altos estudios tanto en España coma no estranxeiro, (Inglaterra e Viena fundamentalmente). Moitos deles xa remataron e están traballando. Ó longo da súa traxectoria contou con alumnos de diferentes centros de ensinanza musical da cidade de Vigo, así coma de outras cidades galegas como son: Tui, Santiago de Compostela, Marín, Salvaterra, Vilagarcía, Lugo, Ourense. Presentouse en distintas cidades de Galicia, Asturias, Portugal, Illas Canarias e Madrid. Durante tres anos consecutivos foi a orquestra base dos Encontros Internacionais da Illa da Palma en Tenerife, foi convidada á celebración do XX Aniversario da Royal School of Music celebrado cun concerto no Auditorio Conde Duque en Madrid, participou no acto pola Inauguración do Teatro Cine Fraga – Caixa Galicia, entre outros. Na actualidade está dirixida polos afamados violinistas Armando e Mayda Toledo. O Concelleiro de Cultura, Jesús Castiñeira, convida a todos a gozar das mellores sinfonías clásicas así como de afamadas panxoliñas baixo o marco incomparable que nos ofrece o Santuario de San Campio de Lonxe en Figueiró.
Escribir Comentario
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
||||||
| < Ant. | Seg. > |
|---|






