| A exposición de pintura "Arritmias" permanece aberta no Auditorio de Goián |
|
|
| 24 do 12 do 2009 | ||||||||||||||||||
A exposición pictórica “Arritmias” organizada pola Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal en colaboración coa Asociación Galega de Arte e Cultura (AGAEC), permanece aberta ata o vindeiro día 10 de xaneiro de 2010, no Auditorio Municipal de Goián, en horario de luns a venres de 09.00 a 13.00 horas.A mostra, coordinada por Jesús Pereira Ríos, foi inaugurada a pasada fin de semana coa asistencia do concelleiro de Cultura, Jesús Castiñeira, a presidenta da AGAEC, Josefa Mariño Rivas, e outras autoridades e representantes de entidades e asociacións locais. Os artistas reunidos nesta exposición son Antonio Abad (Vigo), Carmen Sevillano (Vigo), Carmen Torres (Santiago de Compostela), Esther Molinero (Cidade Real), Marina Cocós (Pontevedra), Pazo Ramos (Granada), Pepa Mariño (Pontevedra) e Jesús Pereira (Cádiz). A temática e estilos da exposición é igualmente variada, podendo atopar o visitante dende paisaxes ata figuras humanas, pasando por creacións de corte surrealista e impresionista. Por outra banda, a Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal do Concello de Tomiño organizará de forma conxunta coa Asociación Galega de Arte e Cultura (AGAEC), un simposio de arte con motivo da terceira Festa do Kiwi, a celebrarse na segunda semana de maio do vindeiro ano. Jesús Castiñeira, explicou que a AGAEC terá ao seu cargo a coordinación do simposio e o Concello aportará apoio loxístico e material.
Escribir Comentario
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
||||||||||||||||||
| < Ant. | Seg. > |
|---|






A exposición pictórica “Arritmias” organizada pola Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal en colaboración coa Asociación Galega de Arte e Cultura (AGAEC), permanece aberta ata o vindeiro día 10 de xaneiro de 2010, no Auditorio Municipal de Goián, en horario de luns a venres de 09.00 a 13.00 horas.