O Tempo en Tomiño
El Tiempo en Tomino - Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Últimos comentarios
O PP expresa o seu d...
para Edelmiro
Querido vecino:Antes que nada darte la enhorabuena por ...
Máis...
Por don jose

O PP expresa o seu d...
Cesar alcalde ya!!!
Cesar tiene que ser alcalde ya para que podamos reparti...
Máis...
Por PePeiño

O PP expresa o seu d...
seamos serios
Eres libre para opinar o que queiras.Eu sinceramente pe...
Máis...
Por Gerardo

O PP expresa o seu d...
para don jose
Soy de Vigo y desde hace 4 meses residente en Tomiño , ...
Máis...
Por Edelmiro Gonzalez C.

¿Quién está en línea?
Temos 16 convidados conectados
A Oficina de Igualdade conmemora o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero cunha exposición Imprimir Correo-e
21 do 11 do 2009
  • A exposición  fai un repaso a traxectoria do movemento feminista galego.

O vindeiro mércores, 25 de novembro, ás 19:00 horas, será inagurada no Auditorio de Goián a exposición producida pola Fundación Galiza Sempre: “Feminismo Galego Cambios Sociais e Dereitos da Muller”. Recolle nun formato atractivo e accesible para públicos amplios, diversos materiais que dan testemuño da traxectoria e reivindicacións do movemento feminista. A mostra pretende contribuír -por medio da reprodución de textos, publicacións, noticias e documentación gráfica- a impulsar na sociedade galega a reflexión sobre os avances e cambios sociais promovidos polas entidades e organizacións defensoras da igualdade de dereitos mulleres.
 
A iniciativa –que conta co respaldo do Ministerio de Educación e da Deputación da Coruña- organiza a información en 25 metros de paneis e diversos expositores estruturados nos seguintes contidos:
 
-As precursoras
- O avance do sufraxismo 
- A II República e a proclamación do Sufraxio universal
- As mulleres e a Constitución de 1931
- O golpe de estado e a guerra civil
- A ditadura franquista 
- As primeiras organizacións de mulleres no franquismo
- As agrupacións feministas galegas dos anos 70 e 80
- O movemento feminista e a cuestión do divorcio
- Violencia de xénero, sexualidade, maternidade 
- A loita pola igualdade de oportunidades entre homes e mulleres
- Novos tempos, novos recursos para a loita feminista
 
O guión e os traballos de investigación e documentación foron realizados por Isabel Rodríguez Mate e recóllense fondos documentais de Nanina Santos Castroviejo, da Fundación 10 de Marzo, do Museo do Pobo Galego, e dos museos de Pontevedra e Massó. Nanina Santos Castroviejo, Mª Xosé Agra, Encarna Otero e a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega prestaron asesoramento en distintos aspectos. 
 
A exposición permanecerá  aberta ata o 8 de decembro en horario de 8 a 13:00 horas.



Sexa o primeiro en comentar o artigo
RSS dos comentarios

Escribir Comentario
  • Por favor, manteña a temática do comentario en relación co tema do artígo.
  • Se contén linguaxe inapropiado será borrado.
  • Por favor, non empregue os comentarios para promocionar o seu sitio, ese tipo de mensaxes borrarase.
  • Ten que asegurarse de *Recargar* a páxina para amosar un novo código de seguridade antes de cliquear 'Enviar', no caso de que metese un código incorrecto.
Nome:
Título:
Comentario:



Código:* Code

Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6
AkoComment © Copyright 2004 by Arthur Konze - www.mamboportal.com
All right reserved

 
< Ant.   Seg. >