| A Concellería de Cultura fai un recoñecemento público á laboura da Agrupación Musical de Goián |
|
|
| 01 do 07 do 2009 | ||||||
Con motivo do XI ANIVERSARIO da Agrupación Musical de Goián, a Concellería de Cultura, Educación e Participación Veciñal do Concello de Tomiño, fixo un recoñecemento público á labor formativa que está desempeñando a agrupación. A través da entrega dunha placa conmemorativa, a Concellería de Cultura quixo testimoniar a súa felicitación polo primeiro posto acadado no derradeiro Certame Zonal convocado pola Deputación Provincial de Pontevedra.O Concelleiro, Jesús Castiñeira, estivo acompañado pola alcaldesa, Sandra González, quen transmitiu á agrupación os seus parabéns polos éxitos acadados, e animoulles a seguir na actual línea de “bo facer”. O acto, organizado pola propia formación, tivo unha especial mención para o seu primeiro director, Juan Carlos Díaz Álvarez (presente no acto) quen a petición do actual director, David Pérez Trigo, dirixiu unha das pezas do concerto que se brindou aos presentes. O primeiro concerto da Agrupación Musical de Goián foi un 27 de xuño de 1998, apadriñada pola “Agrupación Musical do Rosal” e pola “Banda de Música Xuvenil de Chapela”. Dende entón, sucederónse as actuacións e fóronse colleitando numerosos éxitos e premios que fan que na actualidade, esta banda, sexa considerada unha das mellores da provincia, dentro da súa categoría.
Escribir Comentario
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
||||||
| < Ant. | Seg. > |
|---|






Con motivo do XI ANIVERSARIO da Agrupación Musical de Goián, a Concellería de Cultura, Educación e Participación Veciñal do Concello de Tomiño, fixo un recoñecemento público á labor formativa que está desempeñando a agrupación. A través da entrega dunha placa conmemorativa, a Concellería de Cultura quixo testimoniar a súa felicitación polo primeiro posto acadado no derradeiro Certame Zonal convocado pola Deputación Provincial de Pontevedra.