|
A Concellaría de Cultura asinou un convenio de colaboración coa Asociación Cultural Virxe do Alivio |
|
|
|
20 do 01 do 2010 |
- A axuda vai permitir a renovación de vestiario do colectivo
 A Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal do Concello de Tomiño asinou un convenio de colaboración coa “Asociación Cultural Escola de Danzas e Gaitas Virxe do Alivio”, por valor de 3.000 euros que se dedicará a cofinanciar a adquisición de novos traxes para o grupo.
Almudena López Vilán, representante legal da asociación, foi a encargada de asinar o devandito convenio de colaboración co concelleiro de Cultura Educación e Participación Veciñal, Jesús Castiñeira Diz, quen manifestou a súa intención de continuar apoiando a todos os centros e organizacións que traballen por difundir a cultura entre a cidadanía e dinamizar a vida social e cultural na localidade.
O concelleiro referiuse tamén ao proxecto que actualmente esta impulsando o departamento de Cultura, en colaboración coa sección de arquitectura da consultora “Lagares”, para a futura rehabilitación dunha edificación situada en Tomiño e propiedade do Concello, coa intención de que poida servir como lugar de ensaio e sede social da asociación.
Almudena López agradeceu a colaboración da concellaría cunha agrupación que neste ultimo ano viu incrementado o numero de alumnos e alumnas de xeito considerable.
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 AkoComment © Copyright 2004 by Arthur Konze - www.mamboportal.com All right reserved |