- O ciclo está organizado pola Concellería de Cultura de Tomiño e a Diócesis de Tui-Vigo
- A conferencia estará a cargo de Alfredo Martín Pereira, membro do Foro Español da Familia
O vindeiro sábado, 13 de febreiro de 2010, continúa o ciclo de conferencias sobre temas de actualidade na Igrexa Católica que con motivo da conmemoración do Ano Xacobeo, organizan a Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal do Concello de Tomiño, que dirixe o tenente de alcalde Jesús Castiñeira, e a Diócese de Tui-Vigo, a través da parroquia de Goián.
Neste segundo encontro, Alfredo Luís Martín Pereira, membro do Foro Español da Familia, falará sobre o “Aborto e a Eutanasia” desde o punto de vista dos dereitos humanos, facendo unha reflexión sobre o significado do dereito á vida.
Alfredo Luis Martín Pereira, casado e pai de tres fillos, é funcionario da Administración Xeral do Estado e licenciado en Xeografía e Historia. Traballou como documentalista en Antena 3 Televisión e como periodista en Diario 16 e Sierra Madrileña. Colaborador do Diario de Pontevedra, Diario de Arousa e do diario dixital Vigo Metropolitano.
A conferencia terá lugar a partir das oito da tarde no Auditorio Municipal, estando coordinada por D. Manuel Joaquín de Santiago González, párroco de Goián.
O ciclo comezou o pasado sábado coa ponencia “O Camiño de Santiago e o Ano Santo”, e continuará o día 20 de febreiro, co profesor de Dereito Canónico da Universidade Católica de Lisboa, Manuel Fernando Sousa e Silva, que falará sobre o milagre de Fátima.
Finalmente pechará o ciclo Francisco Javier Paredes Alonso, catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Alcalá de Henares que disertará sobre algunhas experiencias de fe no mundo actual.
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 AkoComment © Copyright 2004 by Arthur Konze - www.mamboportal.com All right reserved |