O Tempo en Tomiño
El Tiempo en Tomino - Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Últimos comentarios
Personal de Onusa de...
je,je...
este e o seu amigo "O FUXIDO" eran os que iban a arregl...
Máis...
Por que pena me da..

Tomiño prevé un desc...
meo teo
Xa me pareces un anuncio publicitario do tripartito, be...
Máis...
Por outro

Tomiño prevé un desc...
buenooo
Amin dame igual uns ca outros pero vexo qe o qe dixen d...
Máis...
Por meu ou teu

Tomiño prevé un desc...
para lunatico
Meu amigo desbordas falta de informacion, porque crees ...
Máis...
Por manel

¿Quién está en línea?
Temos 15 convidados conectados
Fotos Antigas de Vilachán Imprimir Correo-e
12 do 02 do 2008

FOTOS ANTIGAS DAS XENTES E COSTUMES DE VILACHÁN


Queremos recapitular fotos antigas de Vilachán, de como eran as suas xentes, dos seus festexos etc.

 

Por iso necesitamos a participación de todas as persóas que teñan algunha foto antiga de Vilachán, para que nos presten  as fotos tan só uns días, de xeito que podamos escanealas e polas accesibles neste apartado. Todas as fotos serían devoltas ao pouco tempo aos seus donos.

Para facernos chegar as fotos podedes deixalas nas instalacións da asociación ou entregarllas ao presidente ou a outro membro da directiva. Deixade unha nota co nome do dono/a da foto. Se aparecen persóas nas fotos, sería interesante tamen indicar quén son os que aparecen, co seu nome ou o mote ou alcume polo que se lle coñecía.

 

Image

 Esta foto reflexa unha antiga tradición da mocidade de Vilachán. Unha vez ao ano subían a pe ao monte da Pedrada a facer unha merenda todos xuntos e montar troula todo o día.

 

 

Image

 Escena típica dunha matanza do porco. Podemos ver a varios dos nosos veciños comendo e bebendo diante dun porco recén aberto. Pódense ver na foto as patas do porco.

(Orlando, Carlos, Manolo, Antonio, Adolfo) 

 

 

Image

Veciños portando as roscas adornadas na Festa do Alivio. 

 (Juan, Mucha, Eduardo ,Rosalia , Orlando)

 

 

Image 

 Mozos e mozas de Vilachán no alto da Pedrada mantendo a tadición.