jueves 5 de enero de 2012

V Sardiñada Popular en Vilachán

V Sardiñada Popular en Vilachán Xoves, 24 Xuño 2010 01:00 Este sábado, 26 de xuño, terá lugar a V Sardiñada Popular 2010 no eido da festa, en Vilachán. A sardiñada está organizada pola Asociación de Veciños O Arbol. Xunto coas sardiñas inclúese churrasco e criollos, con prato e taza conmemorativos para levar e pan de millo e trigo. O viño e a auga son gratis O número de invitacións é limitado, podéndose mercar por adiantado na sede da asociación, en horario de tarde, ou a calquera membro da directiva.No día da festa estarán dispoñibles á venta as invitacións que queden sen vender por adiantado. Este ano os socios teñen un desconto no precio da invitación.

 A amenización da velada correrá a cargo do grupo H2O, moi coñecido na zona por amenizar bodas nun restaurante moi coñecido en Tomiño. Con eles a festa está garantida ata altas horas. Tamén haberá unha cantina na que se poderán mercar refrescos, café, chupitos a precios populares. A Asociación de Veciños

"O Árbol" de Vilachán conta para este evento coa colaboración da Concellería de Cultura e Participación Veciñal de Tomiño. Invitamos a todos a que asistan con nos a esta velada.